Archive for septiembre 23, 2009
Porra xornada 5
Porra para os seguintes partidos:
1) Madrid – Tenerife
2 ) Málaga – Barcelona
3) Deportivo – Villareal
Un hombre 1) 3-0 2) 1-3 3) 1-2
Laura 1) 4-1 2) 2-4 3) 1-1
Trotis 1) 5-1 2) 1-4 3) 2-1
Yago 1) 6-1 2) 2-7 3) 2-1
Ote 1) 3-1 2) 1-3 3) 2-1
Rubia 1) 4-1 2) 0-2 3) 1-2
Diego D 1) 5-0 2) 1-1 3) 2-1
Cristiano superstar
Villareal 0 Real Madrid 2
Outra vez Cristiano no minuto 1 de partido. Que golazo, impresionante!!! Colleu o balón en campo propio, regateou a un de tacón, avanzou a gran velocidade hacia o área contraria, diblou a outro para preparar o disparo, e obús esquinado ante o que nada pudo facer Diego López. Xenialidade que encarrilaba o partido.
O Pipita tuvo na primeira metade outra gran ocasión, pero enviou o balón alto cando estaba solo fronte á portería. Xa no segundo tempo, e o Villareal con dez, o Madrid contemporizou o xogo á espera de ter algunha oportunidade de sentenciar. E a sentencia chegou tras un claro penalti por mans de Ángel. Kaká encargouse de anotar o seu primeiro gol en liga.
Destacar o partidazo de Sergio Ramos (o mellor do partido xunto con Cristiano), que tivo que xogar de central ante a lesión de Garay cando o equipo estaba calentando. Iso fixo trastocar os plans de Pellegrini, xa que Lass tivo que xogar de lateral diestro, e Gago de mediocentro.
Tamén bo partido de Guti, que leva un inicio de temporada realmente notable. No centro do campo, cando colleu o balón, sempre manexou e controlou ben o partido.
De momento, 4 vitorias en 4 partidos, con 13 goles a favor e 2 en contra. A cousa non fixo máis que comezar, aínda queda moito por diante. Pero esto promete ser apaixoante.
P.D: O único que acertou un resultado na porra foi Trotis, que predixo o 1-4 do Barcelona. Polo tanto, cacharro pago.
Turno para Guti, Granero e Higuaín
Parece ser que no partido de hoxe ante o Villareal (20.00 horas, Canal + Liga), Pellegrini vai seguir rotando. Agora tócalle o turno a Guti, Granero e Higuaín, en vez de Gago, Raúl e Benzema. O dibuxo táctico sería un 4-3-3, o cal podería dar ao Madrid un maior control do balón no centro do campo, con Guti, Granero e Kaká levando a manixa. E arriba, para definir, estarían Cristiano e o Pipita.
Dame a sensación de que Pellegrini vai a usar este sistema nos partidos fóra de casa, precisamente para tentar levar o peso do partido tendo unha maior presencia no centro do campo. Iso, xunto coa brutal pegada que o Madrid ten arriba, vai facer que gañe moitos partidos incluso sen xogar especialmente ben.
Hoxe aposto por un resultado 1-3, con goles de Higuaín, Kaká e Granero. Por certo, este último penso que vai ser o xogador revelación da liga; ten unha calidad tremenda, e pode xogar en varios postos do centro do campo. Ademais, este ano vai a disfrutar de oportunidades, sendo titular en bastantes partidos.