Entró Kaká y mandó a parar
septiembre 26, 2009 at 9:27 pm Deja un comentario
Real Madrid 3 –Tenerife 0
A cuarto de jas, coa primeira parte de paseo, e cunha pegada descomunal en ataque na segunda, tras saltar ao campo o mellor do mundo. Foi sair Kaká e o equipo xa parecía outro. Con eso chegoulle ao Madrid para derrotar a un bo Tenerife no Bernabeu.
A falta de xogo colectivo (de momento), aos de Pellegrini bástalles coa calidade individual dos xogadores ofensivos para gañar á maioría de equipos da liga española. Futbolistas como Benzema, que marcou dos goles; ou Kaká (sin golazo), bastan para derrotar con certa comodidade a escadras como o Tenerife.
Outro galo cantará cando haxa que enfrontarse, por exemplo, ao Sevilla no Sánchez Pizjuán. A priori, o Madrid terá que facer algo máis si quere gañar. Pero o fútbol non son matemáticas, e nunca se sabe.
Teño a impresión de que os xogadores do Madrid, en partidos como os de hoxe, se dosifican sabendo que ao final van a gañar igual o partido. E máis todavía cando entre semana hai partido de Champions, que este ano é o gran obxectivo do equipo por disputarse a final no Bernabeu.
———————————————————————————————–
P.D: O Barcelona, segundo me contou algún culé, tamén gañou a medio jas en Málaga (0-2), xogando ao tran-tran, e facendo o mínimo para levar os tres puntos. Neste caso, digo o mismo que co Madrid. Os xogadores culés, tendo en conta o partido de Champions que teñen o martes, non se empregan a fondo porque saben que aínda así lle gañan ao Málaga.
Entry filed under: Uncategorized.
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed