Archive for septiembre 30, 2009

Porra 6ª xornada liga

Porra para os partidos:

1) Sevilla – Madrid

2) Barça – Almería

(De agora en diante vou poñer dous partidos, para que sexa máis fácil acertar a porra completa)

Un hombre         1) 1-2             2) 3-1

Laura                 1) 1-3             2) 2-0

Trotis                 1) 2-4             2) 3-0

Yago                   1) 3-2            2) 4-0

Rubia                 1) 1-1             2) 2-0

Arturo               1) 2-4            2) 4-1

septiembre 30, 2009 at 9:54 pm 5 comentarios

Cristiano e Kaká fan que continúe a racha

Real Madrid 3 – Olympique Marsella 0

  • Patética retransmisión da TVG
  • Ao Madrid bastáronlle seis minutos
  • Séptima vitoria consecutiva do Real

Dous goles de Cristiano e un de Kaká, marcados nun intervalo de seis minutos na segunda parte, bastáronlle ao Madrid para derrotar ao Marsella. Primeira parte discreta, onde os franceses presionaron e xuntaron liñas para deixar sin espacios aos locais.

Pero tras o descando, o Real saiu máis enchufado e abriu o marcador logo dun pase en longo de Pepe que rachou a defensa adiantada do equipo de Deschamps. De seguido, penalti sobre Cristiano que se encargou de transformar Kaká; e xogadón entre Benzema e o astro brasileiro para que C. Ronaldo fixese o terceiro. Séptima vitoria consecutiva do Madrid desde que comezou a temporada, cun Cristiano que leva 9 goles en 7 partidos.

Máis aló do partido, destacar a patética retransmisión que fixo a TVG do partido, cuns comentaristas tan malos de solemnidade como antimadridistas de corazón. Eu non penso pagar máis impostos para que a televisión pública dos galegos pague a uns supostos profesionais que só me producen vergoña allea. E para rematar a festa, corte da emisión do encontro antes de que éste rematase. Penoso e lamentable.

 

 

septiembre 30, 2009 at 9:49 pm Deja un comentario


Calendario

septiembre 2009
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Posts by Month

Posts by Category