Archive for octubre, 2009

Higuaín 2 – Villarato 0

Pipita

Real Madrid 2 – Getafe 0

  • Arranque de orgullo dun Madrid  en inferioridade numérica
  • Inxusta expulsión de Albiol por parte dun árbitro obediente
  • Partidazo do Pipita, con dous goles e un tiro ao poste

O Real Madrid venceu por 2-0 ao Getafe a pesar de xogar máis de 60 minutos con dez logo dunha inxusta expusión de Albiol por parte dun árbitro (Mateu Lahoz) obediente ás ordes  de Villar «y sus mariachis». Os merengues reaccionaron con orgullo e casta ante a inxustiza, e na segunda parte anotaron dous goles e poideron incluso marcar máis.

O Pipita Higuaín, autor dos dous goles, foi a estrela do partido, confirmando que a día de hoxe é o  mellor dianteiro que ten o Madrid. Os que aventuraron  hai un par de anos que o arxentino acabaría cedido nun equipo medio da primeira división agora teñen que calar a boca. Para min o Pipita é, xunto con Pato (Milan, 20 anos) e Benzema, o atacante xoven con maior proxección que existe no mundo do fútbol na actualidade.

Resaltar tamén a posición na que xogou Marcelo, de centrocampista pola esquerda. Xa o ano pasado Juande Ramos o utilizou así no equipo, e o rendemento do brasileiro creceu notablemente, porque dese xeito aproveita as súas cualidades ofensivas e tapa as súas carencias defensivas (ao ter un lateral solvente por detrás).

En definitiva, vitoria moi meritoria do Madrid. Penso que ninguén poderá negar que xogar con dez máis de 60 minutos, coa presión que existía neste partido logo do acontecido na Copa, ten un mérito importante. Aínda que agora algúns dirán que o Getafe é unha banda, ou cousas polo estilo. Agora ben, se o que hoxe fixo o Madrid faino o Barcelona, falarían de «máquina» ou    «superequipo».

E xa está.

———————————————————————————————–

P.D: Por certo, o Barcelona empatou co Osasuna (1-1), pero non serei eu quen diga agora que os cataláns son pouco menos cunha banda. O Madrid empatou en Gijón (con tres dianteiros de baixa), e algúns criticaron aos merengues todo o que quixeron.

Gañar fóra na liga española non é tan fácil como algúns pensan (salvo nalgúns campos contados). Ademais, non se pode gañar todos os partidos, e tanto Madrid ou Barcelona  poden pasar por baches ao longo da temporada.

———————————————————————————————

En canto á porra, Abegondo acertou o 2-0 do Madrid. Está feito un fenómeno, xa van dúas veces que acerta un resultado dos merengues. Pásate por Corcubión a «cobrar» os cacharros.


octubre 31, 2009 at 10:56 pm 1 comentario

Porra 9ª xornada liga

Porra para os partidos:

1) Madrid – Getafe

2) Osasuna – Barcelona

Un hombre         1) 5-1           2) 2-1

Abegondo          1)  2-0          2) 0-0

Trotis                   1) 3-1            2) 0-3

Rubia                   1) 1-0            2) 0-3

Yago                    1) 0-4           2) 1-3

Vimianso           1) 2-1            2) 0-1

Ote                       1) 1-2             2) 1-3

Noelle                 1) 3-1            2) 1-2

octubre 28, 2009 at 5:32 pm 14 comentarios

Hoxe toca o Trofeo da Xunqueira

O Real Madrid xoga hoxe un partido do Trofeo da Xunqueira (Copa do Rei). Esta competición, baixo o meu punto de vista, non presenta ningún atractivo para o club presidido por Florentino Pérez. Pola contra, si supón varios inconvintes: posibles lesións, un calendario máis cargado, e críticas xornalísticas en caso de caer eliminados.

Entendo que para clubs modestos a Copa poida ser unha motivación, porque é o único título ao que poden aspirar. Pero para o Madrid a ilusión debe ser sempre a Champions e a Liga. Por normativa, o equipo debe xogar a Copa se non queren que o sancionen, pero eu poría a competir a xogadores das categorías inferiores (que igual si terían motivación nesa competición).

En definitiva, trátase dun torneo no que o Madrid ten moito máis que perder que gañar. E se de casualidade os merengues lograsen gañar este título este ano, para min non contaría máis que un trofeo de verán.

Igual que a Supercopa de España, por exemplo. O Madrid gañou este trofeo o ano pasado, pero como logo non acadou ningún outro título, falouse de «ano en blanco». Pero si o perdese, as críticas arreciarían.

Se a Federación presidida polo imputado Villar quere facer negocio, que se convirta nunha S.A., pero que non se aproveite do tirón que teñen equipos como o Madrid para que logo o impresentable que di «furbol» disfrute de «vacacións á carta» pagadas por todos.

E xa está.

octubre 27, 2009 at 3:20 pm 4 comentarios

O Madrid debería ser líder na liga

O equipo ao que algúns medios critican con dramatismo, porque é  moi fácil facer negocio a costa do mellor equipo do mundo, debería ser líder na liga española de fútbol. Pero non é así por culpa de dous puntos roubados no Molinón, xunto con outros tantos regalados ao Barcelona ante o Almería no Campo Nuevo. Deste xeito, o Madrid contaría con 21 puntos (e non 19, como agora ten), e o Barcelona 20.

Por tanto, ese equipo ao que algúns cualifican como «banda» tería que ter máis puntos que ninguén no campeonato de liga. Pero Villar e os seus lacaios se encargan de que así non sexa. Deben favores a Laporta, e hai que pagalos.

Sigo esperando a que Teixeira Vitienes sexa enviado á «neveira» polo seu erro do sábado en Gijón. Se o erro beneficiase ao Madrid, a estas horas xa estaría «conxelado». E antecedentes existen de sobra.

E xa está.

 

P.D: Vouno a decir ben claro: o Barcelona, a temporada pasada, gañou a liga e a Champions grazas a favores arbitrais. O Trofeo da Xunqueira, ou sexa, a Copa do Rei, conquistouna lexitimamente. Esta é a realidade, e quenes desexen comulgar con rodas de muiño alá eles.

octubre 26, 2009 at 2:01 pm Deja un comentario

Porra Copa

Porra dos seguintes partidos de Copa:

1) Alcorcón – Madrid

2) Cultural Leonesa – Barça

 

Un hombre       1) 1-2         2) 2-2

Rubia                1) 0-3        2) 0-3

Abegondo         1) 0-2        2) 0-0

Yago                  1) 0-3         2) 0-3

octubre 24, 2009 at 9:49 pm 3 comentarios

Teixeira evita a vitoria do Madrid

 

Sporting Gijón  0  –   Real Madrid  0

 

  • O árbitro anula un gol legal a Raúl
  • O Madrid mereceu a vitoria na segunda parte
  • O Gijón apenas creou perigo

 

Teixeira Vitienes pode estar tranquilo. Seguirá pitando sen problema na liga española, porque seguir as ordes dos seus amos (Villar e Sánchez Arminio) non cae en saco roto. O pésimo árbitrucho evitou que o Madrid gañase hoxe no Molinón, logo de inventarse unhas presuntas mans de Kaká, nunha xogada que rematou en gol de Raúl. Se o gol anulado fose do Sporting, o colexiado sería enviado á neveira con total seguridade.

Fóra da arbitraxe, o equipo dirixido por Pellegrini mereceu de sobra a vitoria, pero ben polo árbitro ou ben pola falta de pegada arriba (faltaban casi todos os dianteiros) non poido ser. Sobre todo na segunda parte, os merengues crearon ocasións para marcar, pero no fútbol o que finalmente vale é que a pelota entre na portería. E cando entrou, xa se encargou Teixeira de facer o «seu traballo».

O camiño a seguir polo Madrid está na segunda metade de hoxe, movendo ben a pelota no mediocampo, aproveitando as bandas e imprimindo ritmo e velocidade ao xogo.

En teoría son dous puntos perdidos (máis ben roubados), pero queda moita liga e isto non fixo máis que comezar.

Polo de pronto, a miña noraboa ao imputado Villar. Vou contar os puntos de menos que o Madrid vai ter a final de liga, e logo faremos contas.

E xa está.

octubre 24, 2009 at 8:22 pm 3 comentarios

A Gijón casi sin dianteiros

O Madrid desputa mañá en Gijón o 8º partido de liga con só Raúl de dianteiro na convocatoria. Higuaín e Benzema se caen por problemas físicos non graves, pero que lle impidirán participar no partido. E Van Nistelrooy continúa recuperándose do seu problema muscular.

Con este panorama, unido ás baixas de Cristiano e Lass (este último por problemas familiares), antóllase un encontro máis complicado do previsto no Molinón. O Madrid, dadas as ausencias dos seus atacantes máis importantes, non creo que poida apelar á súa demoledora pegada.

A nota positiva é que Pellegrini poderá contar por primeira vez con todos os defensas da plantilla: Ramos, Arbeloa, Pepe, Albiol, Metzelder, Garay e Marcelo. E precisamente partindo dende a defensa é de onde se ten que gañar este partido.

Explícome. O equipo debe facer un encontro baseado na seguridade defensiva, para logo aproveitar as oportunidades (aínda que sexan poucas) que se lle van a presentar en ataque. En definitiva, facer un partido práctico, de raza, onde os centocampistas saiban crear superioridade tendo en conta que igual xogan Diarrá, Alonso, Guti, Granero e Kaká.

Creo que o partido de Gijón é o típico que hai que gañar como sexa. Como si quedan 0-1 con gol no desconto. O importante nestes casos é sumar os tres puntos, quedando o xogo bonito nun plano secundario. En estadios como o do Molinón é onde se gañan as ligas.

E xa está.

octubre 23, 2009 at 4:34 pm Deja un comentario

Porra 8ª xornada liga

Porra dos seguintes partidos:

1) Sporting Gijón – Madrid

2) Barça – Zaragoza

 

Un hombre        1) 1-3           2) 2-2

Trotis                 1) 2-4           2) 3-3

Laura                 1) 0-2           2) 2-1

Abegondo          1) 0-3            2) 0-0

Yago                  1) 2-1             2) 2-1

Arturo                1) 0-2            2) 2-2

octubre 22, 2009 at 9:57 am 6 comentarios

Hai que ter paciencia

Real Madrid 2   Milan 3

O Madrid perdeu 2-3 ante o Milan no encontro da terceira xornada da liguiña de Champions disputado no Bernabeu. O partido perdeuse por varios motivos, pero antes de nada teño que dicir que a palabra axeitada para os merengues nestes momentos é unha que casi ninguén acepta (eu incluido): paciencia.

Nun equipo onde dunha temporada para outra cambia polo menos a metade do equipo titular (Kaká, Cristiano, Benzema, X Alonso, Albiol), a conxunción non se consigue da noite para a mañán. Para moitos isto serán excusas, pero si se pensa con frialdade é a realidade. O maior enemigo do Madrid sempre foron as urxencias, por iso cada derrota parece un drama.

En canto ao partido de onte, primeiro dicir que non complica especialmente a clasificación, pero si o primeiro posto (Madrid e Milan: 6 puntos; Marsella e Zurich: 3 puntos).

En segundo lugar, eu penso que se perdeu o partido fundamentalmente por dous aspectos:

1) Fallos defensivos: Casillas non estivo á súa altura nos dous primeiros goles do Milan, e as marcaxes dos centrais a Pato deixaron moito que desexar. En defensa hai que mellorar bastante, e iso é traballo táctico do entrenador.

2) A falta de intelixencia: xa advertín na anterior entrada que o Madrid debería xogar este partido con intelixencia, é dicir, sabendo que conforme avanzase o partido o empate era positivo dada a clasificación. Isto non quere dicir que o Madrid tivese que saír a empatar, pero si un ve que o partido se complica (como de feito ocorreu co 1-2), hai que valorar o empate. Unha vez que este se conseguiu (co gol de Drenthe), o prioritario era conservalo (quedaban 10-15 minutos) e non ir ao tolo ao ataque deixando espacios atrás ao Milan (as consecuencias xa as vimos).

Dito isto, non hai que facer un drama dunha derrota que o Madrid poido evitar. A temporada non fixo máis que comezar, e o equipo non perdeu as posibilidades en ningunha competición. A Champions comeza realmente nos cruces, e a clasificación do Madrid para os oitavos de final non penso que perigue. E a liga é moi longa, e como xa teño dito, soe decidirse nos últimos 8-10 partidos.

E xa está.

octubre 22, 2009 at 9:51 am 7 comentarios

16 Copas de Europa fronte a fronte

Hoxe poderase ver un dos mellores partidos de fútbol en Europa. Madrid-Milan, ou o que é o mesmo, 9 Copas de Europa fronte a 7. Esperemos que o encontro non defraude.

Parece que o Milan está en horas baixas, pero o mesmo se decía o ano pasado da Juventus e logo gañou os dous partidos contra o Madrid. Con xogadores como Pato, Inzagui, Seedorf, Pirlo, Huntelaar ou Nesta diante, un equipo nunca se pode confiar aínda que a priori sexa superior.

Eu penso que o Madrid hoxe debe ser intelixente. Ao Milan non lle vale nin o empate, porque ten tres puntos e os merengues 6. Si aspira a ser primeiro de grupo deberá gañar no Bernabeu. Esta circunstancia debe aproveitala o Madrid para ser paciente e saber encontrar o seu momento de liquidar o partido atopando espacios en campo contrario.

Mais poderíase pensar que ao Milan válelle con ser segundo de grupo, e entón hoxe virá a encerrarse e saír ao contragolpe. Pellegrini xa advertiu que os rossoneros son perigosos con espacios. Por eso digo que o Madrid debe ser intelixente, e conforme avance o partido, debe valorar que si non é posible gañar, un empate é positivo tal e como está a clasificación.

Polo de pronto, outros xa foron de campana onte contra catro cheíñas. Moito falar do Madrid, que si non xoga bonito, que si non xogou contra ninguén de momento (salvo o Sevilla), etc, pero polo que me contan amigos culés o Barça tampouco está a un nivel grande. De todas formas, volvo a dicir o mesmo que outras veces: a cousa non fixo máis que comezar, e xa veremos como está cada equipo de xaneiro-febreiro cara adiante.

E xa está.

octubre 21, 2009 at 1:05 pm Deja un comentario

Entradas anteriores


Calendario

octubre 2009
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Posts by Month

Posts by Category