Archive for octubre 3, 2009
A Sevilla sin Cristiano e Lass
O Real Madrid afronta mañá (21.00 horas, Canal +) unha das saídas máis complicadas da temporada coas ausencias destacadas de Cristiano e Lass, dous xogadores dos máis importantes da plantilla. No Sánchez Pizjuán espera o Sevilla, terceiro clasificado na liga e nun estado de forma espléndido logo de acadar dúas goleadas a domicilio na última semana (0-4 en Bilbao e 1-4 ante o Glasgow Rangers).
Sen dúbida que as baixas do Madrid se poden notar, pero para eso existe unha plantilla de garantías para ir a calquera estadio do mundo a gañar. E mañá non vai ser menos. Para moitos é un partido que pode decidir se o Sevilla é un aspirante ao título de liga fronte ao Madrid e Barça. Para min é un partido importante pero non decisivo, xa que a temporada non fixo máis que comezar e aínda queda moito.
Poñamos por caso que gaña o Sevilla. Iso non vai significar que o equipo andaluz vaia a ser á forza unha alternativa ao título ata final de campaña. E viceversa. Se o Madrid gaña, non significa que o Sevilla xa quede descartado ao 100% para loitar o campeonato ata o final. Insisto, a cousa non fixo máis que empezar, e falar a estar alturas de equipos que poidan facer sombra aos dous grandes penso que é algo apresurado.
As primeiras conclusións, non definitivas, poderían sacarse aló polas navidades. Pero cabe lembrar que as ligas se deciden nas segundas voltas, e sobre todo, nos últimos 8-10 partidos. Para exemplo, a temporada pasada; o Barça levaba 12 puntos ao Madrid en xaneiro, pero a falta de catro xornadas a diferencia era de só catro puntos.