Os erros defensivos condenan ao Madrid en Sevilla

octubre 4, 2009 at 10:43 pm 7 comentarios

Sevilla 2 Madrid 1

  • Lamentable partido defensivo de Marcelo
  • Gran partido do Sevilla
  • Impresionante paradón de Iker Casillas

Aceptable partido en ataque do Madrid, pero moi mal en defensa. E precisamente os erros defensivos condenaron aos merenques no Sánchez Pizjuán. En dous balóns centrados ao área, primeiro Navas e logo Renato cabecearon a placer. No primeiro gol, Marcelo se queda parado, e no segundo, Renato remata completamente solo ao borde do área pequena.

Curiosamente, a pesar da derrota, para min foi o mellor partido do Madrid no tocante á fluidez do xogo en medio campo, tocando en bastantes momentos o balón ao primeiro ou segundo toque con certa rapidez.

Hai que destacar un paradón impresionante de Casillas ao comezo da segunda mitade. Posiblemente a mellor intervención dun porteiro que levo visto na miña vida. Tamén estivo a bo nivel Mahamadou Diarrá, que a pesar de levar casi un ano sin xogar, completou un encontro bastante completo.

En canto ás decisións de Pellegrini co tema dos cambios, eu creo que se equivocou. Higuaín tiña que entrar por Raúl (que non a estaba rascando), e Granero debería ter saltado antes ao campo, e non por Diarra (estaba destacando). E Guti estaba facendo un partido tamén bastante bo, e tamén o cambiou. Todo esto non significa que facendo os cambios doutra forma o Madrid fose a empatar ou gañar, pero o equipo ten que xogar as súas bazas mellor.

En definitiva, primeira derrota do Madrid, nun estadio onde se pode perder, sobre todo si o rival está en racha e na forma na que está o Sevilla nestes momentos. Con todo, o Madrid tivo oportunidade de empatar, sobre todo no último instante por mediación de Ramos. A cousa non fixo máis que comezar. Nin o Sevilla vai gañar a liga, nin o Madrid é unha banda (como algúns van dicir agora). As ligas se deciden nos últimos 8-10 partidos, e vai ser un man a man Madrid-Barça.

P.D: A porra non a acertou ninguén, nen sequera un dos dous partidos. Cacharro que me aforro.

Entry filed under: Uncategorized.

A Sevilla sin Cristiano e Lass Cristianodependencia?

7 comentarios Add your own

  • 1. Louro  |  octubre 5, 2009 a las 11:20 am

    Primeiro partido complicado para o Glorioso de España e ¡primeira derrota!
    Xa escribín en máis dunha ocasión que este equipo ten unha grandísima pegada, polas individualidades que ten arriba, pero todavía lle queda moito para ser un equipo solvente e que xogue como tal. É certo que isto todavía acaba de comezar e que as posibilidades de mellora todavía son moitas, pero podemos intuír algunha das debilidades que xa tivo o Glorioso na naterior etapa de Florentino (O novo Rey das Españas, tras a retirada de Ansar):
    -Acumulación de moita estrela da metade do campo para arriba, con poucos currantes solventes que axuden a defender.
    -Debilidades defensivas, derivadas do anterior e porque gastar en defensas non é prioritario.
    -Falta de conxunción. Cada un fai a guerra poa súa conta.
    Todo isto se resume, por exemplo, no visto onte con Marcelo. Non foi prioritario gastar en fichar a un lateral solvente; pero aínda que Marcelo o fose, éste o tivo moi difícil porque non tiña axudas defensivas do interior ou do mediocentro. O pobre levou un repaso de J.Navas pero sempre estaba en inferioridade numérica na banda.

    Pt. Se queredes para decembro ao futuro lateral esquerda da selección canarinha témelo por aquí cerca, pero soltade cando menos 20 millons de euros, senón a seguir sufrindo co cheíñas de Marcelo.

    Responder
  • 2. colgatore  |  octubre 5, 2009 a las 11:54 am

    Ote, si Filipe vale 20 millóns eu sirvo para xogar no Deportivo tamén. Engañas.

    Respecto ao Madrid, é certo que onte tivo problemas defensivos, sobre todo pola banda esquerda. Pero hai que lembrar que este ano o club si que gastou en defensas: aí están Albiol (moi bo central) e Arbeloa (que pode xogar de lateral esquerdo perfectamente, pero agora está lesionado). Aparte disto, os centros ao área do equipo contrario casi sempre crean bastante perigo. A verdade é que non sei por qué. É unha cousa de temporadas anteriores tamén, e para min é un misterio. Por calidade dos centrais non pode ser, porque Pepe e Albiol penso que non teñen nada que demostrar a estas alturas ( e ademáis son altos).

    De todas formas, a liga non fixo máis que comezar, queda moito por diante e o importante é como se acaba.

    Responder
  • 3. colgatore  |  octubre 5, 2009 a las 12:21 pm

    Por certo Ote, ti non decías que a liga española son dous equipazos e 18 bandas?

    Partindo da base que o Madrid e Barcelona son superiores aos demais, penso que hai equipos que a un partido lle poden gañar. Un deles, claro está, é o Sevilla, que xogando no seu campo, motivado pola afección, sin baixas e cun estado de forma bo, pode gañarlle ao Madrid e ao Barcelona. Sobre todo si estes últimos teñen algunha baixa importante. Ou o Barcelona sin Messi non pode perder co Sevilla de onte no Sánchez Pizjuán?

    Responder
  • 4. Fran  |  octubre 5, 2009 a las 4:39 pm

    NOn hai que facer sangue por perder no Pizjuán, xa que é un cmapo factible pra sair co rabo entre as pernas, pero si é unha ocasión perdida para amosar que este Madrid no é a banda do ano pasado. O partido me deixou varias conclusións:

    1. Casillas debería cobra máis ca ninguén. Nadie pode calcular o que lle ten aportado ao Madrid nos últimos anos. Onte evitou un 4-1 que si tería feito máis pupa.

    2. Marcelo non serve para o Madrid. Quédalle moooi grande. Arbeloa será o lateral esquerdo, porque visto o visto…

    3. Pellegrini perdido. MArcelo no lateral é un desastre. Se quen lle fai as axudas é Guti a festa está servida. E se diante está Navas, o pandeiro é pequeno. Diarrá leva un ano sen xogar e reaparece en Sevilla, quizáis no nera o día. Van der Vaart, apatado ata hai pouco ahora sae a xogar (o de xogar é un dicir)… véxoo confundido.

    Por agora o Madrid non amosou nada novo respceto ao ano pasado. Seguro que si o fai, porque a inversión se terá que ver nalgún momento, pero de momento fume e prensa amiga…

    Responder
  • 5. colgatore  |  octubre 5, 2009 a las 9:45 pm

    Camarada Hermida:

    Gustaríame puntualizar algunhas cousas do teu comentario. Casillas, efectivamente, é un monstruo e debería cobrar como o que máis, e de feito xa é un dos que máis cobra.

    Respecto a Marcelo, para min é un xogador aproveitable, pero incorporado ao medio campo pola esquerda, e cun lateral solvente por detrás. Nese posto xa demostrou o ano pasado que rinde a un nivel aceptable, porque en ataque ten certos recursos. O problema é que en fase defensiva é malo e punto, e para ser lateral hai que dominar esa faceta.

    Dito esto, onte Pellegrini non tivo máis remedio que alinealo, porque Arbeloa está lesionado e Drenthe de lateral ten máis perigo que un mono con pistolas.

    En canto a Mahamadou Diarra, penso que onte fixo un partido bastante bo, foi dos mellores do Madrid. Para levar casi un ano sen xogar, realizou un traballo moi aceptable, incluso á hora de mover a pelota (que parece non ser o seu forte).

    Para rematar, dicir que a banda do ano pasado fixo unha segunda volta impresionante (ata o decisivo Madrid-Barça, faltando 4 xornadas), gañando todos os partidos (menos un empate). Eso tendo en conta que o equipo sufriu as lesións gravísimas de Van Nistelrooy e Diarra, aparte do caso de Rubén De la Red. Todo isto, unido á inestabilidade institucional provocada polo chaíñas de Calderón, tería levado a calquera outro equipo a unha debacle importante. Pero o Madrid púxolle emoción a unha liga no que o gañador fixo uns números históricos.

    Responder
  • 6. Louro  |  octubre 8, 2009 a las 12:35 pm

    O das dezaoito bandas era unha pequena esaxeración para recalcar que na actualidade hai moita diferenza, sobre todo económica, entre Madrid, Barcelona e o resto. Pero visto o visto penso que hai que contar tamén co Sevilla porque ten un equipazo e está bastante conxuntado, logo de varios anos coa mesma base e o mesmo adestrador.
    Despois hai outros dous ou tres equpipos que poden facer dano nalgún partido concreto a eses tres grandes, e o resto están a anos luz.

    Pt. Logo de pasar polo coitelo, aquí seguiremos dando guerra. Unha aperta.

    Responder
  • 7. colgatore  |  octubre 9, 2009 a las 10:51 am

    Ote, diferencia económica entre Madrid-Barça e o resto de equipos haina desde hai bastantes anos. Pero o fútbol non son matemáticas. De todos os xeitos, eu penso que este ano a liga ao final vai ser cousa de dous. O Sevilla, efectivamente, ten moi bo equipo pero non creo que aguanta do recado ata o final de temporada. Hai que ter en conta que tamén xoga a Champions. E sobre todo que, por moi bo equipo que teña, non chega á altura do Madrid e Barça. Non teñen un Cristiano, Kaká ou Messi, por exemplo.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

octubre 2009
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: