Archive for octubre 6, 2009

Cristianodependencia?

Cristiano 2

Logo da primeira derrota do Madrid en liga, algúns medios deportivos fanse a pregunta de si o equipo sufre de «Cristianodependencia». Para min é unha cuestión inútil, aínda que entendo que algúns xornais e certas tertulias radiofónicas teñan que encher espacio e inventen polémicas onde non as hai.

Parto da base que a ausencia dun xogador como Cristiano sempre a nota un equipo. Pero o Madrid ten na plantilla outros futbolistas de grande nivel. Nunca se vai saber que houbese pasado se Cristiano xogase en Sevilla, pero si é fácil adiviñar que os goles do equipo andaluz viñeron por erros defensivos que dificilmente o portugués iría solucionar se estivese no campo. Ademais, o Madrid vai a perder máis partidos, e Cristiano estará seguramente no terreo de xogo.

Outra cousa: o Madrid tamén tivo en Sevilla as baixas de Lass e Arbeloa, e non escoitén a ningún comentarista falar deles. Nunca se sabe o que podería pasar, pero en principio Arbeloa ten máis condicións defensivas que Marcelo, e ao mellor por aí o Madrid resolvía mellor o partido.

Conclusión: estas polémicas creadas artificialmente son absurdas. Hai que lembrar que ata hai preto dun mes se dicía que Cristiano non se adaptaba, que tiña ansiedade, etc. De repente, en catros días xa era un fenómeno. Menos teatro e máis seriedade!!!

octubre 6, 2009 at 4:34 pm 2 comentarios


Calendario

octubre 2009
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Posts by Month

Posts by Category