Cristianodependencia?
octubre 6, 2009 at 4:34 pm 2 comentarios
Logo da primeira derrota do Madrid en liga, algúns medios deportivos fanse a pregunta de si o equipo sufre de «Cristianodependencia». Para min é unha cuestión inútil, aínda que entendo que algúns xornais e certas tertulias radiofónicas teñan que encher espacio e inventen polémicas onde non as hai.
Parto da base que a ausencia dun xogador como Cristiano sempre a nota un equipo. Pero o Madrid ten na plantilla outros futbolistas de grande nivel. Nunca se vai saber que houbese pasado se Cristiano xogase en Sevilla, pero si é fácil adiviñar que os goles do equipo andaluz viñeron por erros defensivos que dificilmente o portugués iría solucionar se estivese no campo. Ademais, o Madrid vai a perder máis partidos, e Cristiano estará seguramente no terreo de xogo.
Outra cousa: o Madrid tamén tivo en Sevilla as baixas de Lass e Arbeloa, e non escoitén a ningún comentarista falar deles. Nunca se sabe o que podería pasar, pero en principio Arbeloa ten máis condicións defensivas que Marcelo, e ao mellor por aí o Madrid resolvía mellor o partido.
Conclusión: estas polémicas creadas artificialmente son absurdas. Hai que lembrar que ata hai preto dun mes se dicía que Cristiano non se adaptaba, que tiña ansiedade, etc. De repente, en catros días xa era un fenómeno. Menos teatro e máis seriedade!!!
Entry filed under: Uncategorized.
2 comentarios Add your own
Deja una respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
arturo | octubre 6, 2009 a las 11:22 pm
SI ESTIBESE CRISTIANO IGUAL NON SUBIA TANTO NIN NABAS NIN RENATO,NON?PERO ESTOU DACORDO EN QUE O DEBATE E ESTERIL,E MOI CEDO PARA CHEGAR A CONCLUSIONS,PERO HAI MOITO QUE TRABALLAR A MOBILIDADE E OS APOIOS.ESCEPTUANDO A CRISTIANO E «CASILLAS»TODOS DEVEN SER MAIS SOLIDARIOS E XENEROSOS CO «TEAM».(SEMPRE NA MIÑA OPINION,CLARO)
2.
colgatore | octubre 7, 2009 a las 2:04 pm
Arturo, dacordo contigo en canto ao tema da mobilidade e os apoios. O equipo ten que ir mellorando neso e noutros aspectos. Hai que ter en conta que o Madrid fichou este ano a 7-8 xogadores novos, que é maís que medio equipo titular, e un equipo non se conxunta da noite para a mañá. Tempo ao tempo, porque o importante é estar ben a final de temporada, que é cando se deciden os títulos.