Archive for octubre 7, 2009
Roberto Carlos se ofrece
O mellor lateral esquerdo de todos os tempos, Roberto Carlos, se ofrece para xogar gratis no Real Madrid dende xaneiro ata xuño. Así o afirmou nunha entrevista publicada hoxe polo diario AS.
Descoñezo o estado de forma do brasileiro na actualidade. Aos seus 36 anos sigue xogando no Fenerbahce turco. Non creo que o Madrid vaia a ter en conta estas palabras de Roberto Carlos, pero aínda que só fose para defender nos partidos fóra da casa, o fichaba. Tendo en conta que ademais non lle costaría nin un euro ao club.
O defensa canarinho tamén sinalou na entrevista que «el Madrid tiene equipo de sobra para ganar la Liga de campeones en el Bernabéu, que es lo que más le importa este año. Hay que tener tranquilidad, volver a jugar bien y meter goles».
Ademais, destacou que para el, sen dúbida, o número un do fútbol mundial é Kaká.
Totalmente dacordo con Roberto Carlos. Un hombre. O club débelle unha homenaxe como el se merece.