Archive for octubre 9, 2009
Real Madrid TV en todos os fogares
O presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, ten a intención de facer chegar a todos os fogares as emisións de Real Madrid TV. O club pretende facerse cun dos canais da TDT para facer posible que todo o mundo poida ver a televisión oficial do equipo merengue.
O mandatario blanco é consciente da importancia da explotación da imaxe do Real Madrid para aumentar os ingresos do club a través desta vía. Logo duns anos nos que o canal RM TV perdeu peso e importancia entre os afeccionados madridistas, agora Florentino pretende impulsalo de novo para que toda a xente poida seguir en aberto e gratuitamente toda a información relacionada co club.
Haberá que esperar a ver si se concretan os plans do presidente, pero en principio é unha excelente idea que todo madridista agradecerá seguro.