O prezo do egoísmo
octubre 12, 2009 at 2:30 pm 6 comentarios
Cristiano Ronaldo vai ter que estar un mes de baixa logo de recaer este sábado da lesión de tobillo. Por ser egoísta e querer forzar para xogar con Portugal, ao final só dispotou vinte tantos minutos e agora catro semanas sen competir.
Os futbolistas, polo xeral, son egoístas para estas cousas e queren xogar aínda que sexa medio lesionados. E máis se os médicos ou o cadro técnico médico do equipo non os paran.
Un caso parecido ao de Cristiano pasou hai anos con Luís Figo, que tiña unha lesión tamén de tobillo e forzou para estar nunha final de Copa. Recaiu e xa non poido xogar ao 100% no resto de temporada. É o prezo do egoísmo.
Entry filed under: Uncategorized.
6 comentarios Add your own
Deja una respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
rubia | octubre 12, 2009 a las 3:58 pm
El Real Madrid nunca debio permitir que fuera a jugar con la selección sabiendo que no estaba al 100%. No tengo nada mas que decir.
2.
Abegondo | octubre 12, 2009 a las 5:11 pm
Só nos queda desexarlle que se recupere do seu nocello á maior brevidade posible para que poida volver xogar axiña, mais cómo combatiremos a síndrome de abstinencia entre tanto,o colapso nas farmacias de garda está garantido.
3.
colgatore | octubre 12, 2009 a las 5:50 pm
Rubia, coa lexislación FIFA na man, o Madrid non pode negarse a ceder ao xogador á súa selección. É o que hai, é inxusto pero a normativa está así.
4.
colgatore | octubre 12, 2009 a las 5:50 pm
Abegondo, vouche nomear madridista do ano.
5.
Louro | octubre 13, 2009 a las 10:23 am
Menos choros dos dirixentes do «Glorioso» porque a quen máis lle interesa que CR9 xogue o mundial é ao seu equipo pola repercusión mediática que ten. ¿Como se pode «vender» que tes ao mellor xogador do mundo se despois non está no mundial?, ¿imaxinades un mundial no que non estea CR9 e arrasasen os cracks barcelonistas? Sería un pao para o «Glorioso», tanto económicamente (en Asia poderían comezar a vender máis camisetas os do Barcelona que os do «Glorioso») como polo prestixio internacional, no que se vería superado con creces polo inimigo catalán.
6.
colgatore | octubre 13, 2009 a las 12:49 pm
Ote, non confundas o touciño coa velocidade. Está claro que ao Madrid lle interesa que Cristiano estea no Mundial, pero si non está para xogar un partido non hai que forzalo. Porque ao final só xogou vinte tantos minutos, e agora non poderá xogar o próximo partido con Portugal nin os vindeiros co Madrid.