Archive for octubre 17, 2009

Vinte minutos moi bos e logo a sestear

Real Madrid 4   valladolid 2

 

O Madrid venceu 4-2 ao Valladolil logo cuns vinte primeiros minutos moi bos, con xogo fluido e de toque, e logo dedicouse a contemporizar. No minuto 17 o marcador xa era de 2-0, o que fixo que o equipo se relaxara ,igual pensando no partido de Champions co Milan. Iso fixo que o Valladolid, logo de acurtar distancias, collese moral e a punto estivese de empatar o encontro.

Co 3-1 xusto antes do descanso parecía que o partido xa estaba casi resolto, pero ao inicio da segunda parte un fallo defensivo fixo que os pucelanos volveses a entrar en escena.

Teño a sensación de que o Madrid non sale demasiado motivado contra equipos dos chamados pequenos, e iso a veces pode costar caro. Na maioría das ocasións chega coa pegada que hai no ataque, pero ante rivais maiores o equipo ten que xogar diferente se non quere complicarse moito a vida.

Sigo vendo fallos defensivos que hai que correxir, porque do contrario en Europa un equipo grande nos pode gañar unha eliminatoria sen moita dificultade. Non pode ser que cada córner sexa medio gol, ou que un dianteiro rival estea só no centro da defensa para encarar a Casillas nun man a man. Espero que sexa cousa da falta de motivación extra que falta contra equipos como o Valladolid.

Ademais, o que máis me preocupa é que Pellegrini diga que non ve carencias defensivas. No partido de hoxe as houbo e as ve un cego.

octubre 17, 2009 at 10:37 pm 2 comentarios


Calendario

octubre 2009
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Posts by Month

Posts by Category