Vinte minutos moi bos e logo a sestear
octubre 17, 2009 at 10:37 pm 2 comentarios
Real Madrid 4 valladolid 2
O Madrid venceu 4-2 ao Valladolil logo cuns vinte primeiros minutos moi bos, con xogo fluido e de toque, e logo dedicouse a contemporizar. No minuto 17 o marcador xa era de 2-0, o que fixo que o equipo se relaxara ,igual pensando no partido de Champions co Milan. Iso fixo que o Valladolid, logo de acurtar distancias, collese moral e a punto estivese de empatar o encontro.
Co 3-1 xusto antes do descanso parecía que o partido xa estaba casi resolto, pero ao inicio da segunda parte un fallo defensivo fixo que os pucelanos volveses a entrar en escena.
Teño a sensación de que o Madrid non sale demasiado motivado contra equipos dos chamados pequenos, e iso a veces pode costar caro. Na maioría das ocasións chega coa pegada que hai no ataque, pero ante rivais maiores o equipo ten que xogar diferente se non quere complicarse moito a vida.
Sigo vendo fallos defensivos que hai que correxir, porque do contrario en Europa un equipo grande nos pode gañar unha eliminatoria sen moita dificultade. Non pode ser que cada córner sexa medio gol, ou que un dianteiro rival estea só no centro da defensa para encarar a Casillas nun man a man. Espero que sexa cousa da falta de motivación extra que falta contra equipos como o Valladolid.
Ademais, o que máis me preocupa é que Pellegrini diga que non ve carencias defensivas. No partido de hoxe as houbo e as ve un cego.
Entry filed under: Uncategorized.
2 comentarios Add your own
Deja una respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
Abegondo | octubre 18, 2009 a las 9:58 pm
A enorme capacidade goleadora do Madrid malia as ausencias e os obrigados trocos na titularidade por mor das esixencias dun almanaque ateigado de partidos (velaí o incombustible Raúl ou o resolutivo Higuaín) fai que, aínda que sexa indesexado, xogue anticipando próximos encontros cando non rematou o que está a disputar pero xa se supón, como ás veces antes que chegue o descanso, que está todo o peixe vendido,acreditar en exceso que a mellor defensa é un bo ataque por moi óptimo que este sexa para o noso caso pode conlevar co tempo uns xuros gravosos de máis.
2.
colgatore | octubre 18, 2009 a las 10:29 pm
Abegondo, voute fichar como xornalista, con ese verbo fluido e claro tes futuro como cronista deportivo. Hala Madrid!!!