Archive for octubre 20, 2009

O debate dos dianteiros

Logo de nove partidos oficiais disputados polo Madrid, nalgúns medios estase debatindo sobre os dianteiros do equipo no tocante a quen debe ter maior protagonismo nos onces titulares.

De momento, os atacantes que disfrutaron de máis minutos foron Raúl e Benzema, seguidos en terceiro lugar por Higuaín e por último Van Nistelrooy (que nos primeiros minutos disputados lesionouse para mes e medio).

Eu penso que ten que haber minutos para todos porque hai que disputar tres competicións con partidos cada tres ou catro días. Pero tamén está claro que hai unha orde de preferencia para elexir aos dianteiros que van a ter maior presencia. E neste senso, para min o dianteiro preferente tería que ser Higuaín, seguido por Benzema. Logo estarían Raúl e Van Gol.

Dito doutro xeito, nos encontros máis importantes penso que deberían xogar Higuaín e Benzema (salvo lesión dalgún, claro está). O arxentino ten declarado en máis dunha ocasión que o seu posto ideal é o de segundo dianteiro, aínda que poida xogar en punta (como ten demostrado moitas veces).

A realidade indica que Higuaín é para Pellegrini o terceiro atacante en canto a protagonismo dentro do equipo. Espero que esa tendencia cambie no futuro, porque o Pipita vai a marcar unha época no Madrid si as lesións o respetan. E agardo que sexa titular ante o Milan no partido de mañá de Champions, o máis importante no que vai de temporada.

octubre 20, 2009 at 12:18 pm 2 comentarios


Calendario

octubre 2009
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Posts by Month

Posts by Category