Archive for octubre 21, 2009
16 Copas de Europa fronte a fronte
Hoxe poderase ver un dos mellores partidos de fútbol en Europa. Madrid-Milan, ou o que é o mesmo, 9 Copas de Europa fronte a 7. Esperemos que o encontro non defraude.
Parece que o Milan está en horas baixas, pero o mesmo se decía o ano pasado da Juventus e logo gañou os dous partidos contra o Madrid. Con xogadores como Pato, Inzagui, Seedorf, Pirlo, Huntelaar ou Nesta diante, un equipo nunca se pode confiar aínda que a priori sexa superior.
Eu penso que o Madrid hoxe debe ser intelixente. Ao Milan non lle vale nin o empate, porque ten tres puntos e os merengues 6. Si aspira a ser primeiro de grupo deberá gañar no Bernabeu. Esta circunstancia debe aproveitala o Madrid para ser paciente e saber encontrar o seu momento de liquidar o partido atopando espacios en campo contrario.
Mais poderíase pensar que ao Milan válelle con ser segundo de grupo, e entón hoxe virá a encerrarse e saír ao contragolpe. Pellegrini xa advertiu que os rossoneros son perigosos con espacios. Por eso digo que o Madrid debe ser intelixente, e conforme avance o partido, debe valorar que si non é posible gañar, un empate é positivo tal e como está a clasificación.
Polo de pronto, outros xa foron de campana onte contra catro cheíñas. Moito falar do Madrid, que si non xoga bonito, que si non xogou contra ninguén de momento (salvo o Sevilla), etc, pero polo que me contan amigos culés o Barça tampouco está a un nivel grande. De todas formas, volvo a dicir o mesmo que outras veces: a cousa non fixo máis que comezar, e xa veremos como está cada equipo de xaneiro-febreiro cara adiante.
E xa está.