Hai que ter paciencia

octubre 22, 2009 at 9:51 am 7 comentarios

Real Madrid 2   Milan 3

O Madrid perdeu 2-3 ante o Milan no encontro da terceira xornada da liguiña de Champions disputado no Bernabeu. O partido perdeuse por varios motivos, pero antes de nada teño que dicir que a palabra axeitada para os merengues nestes momentos é unha que casi ninguén acepta (eu incluido): paciencia.

Nun equipo onde dunha temporada para outra cambia polo menos a metade do equipo titular (Kaká, Cristiano, Benzema, X Alonso, Albiol), a conxunción non se consigue da noite para a mañán. Para moitos isto serán excusas, pero si se pensa con frialdade é a realidade. O maior enemigo do Madrid sempre foron as urxencias, por iso cada derrota parece un drama.

En canto ao partido de onte, primeiro dicir que non complica especialmente a clasificación, pero si o primeiro posto (Madrid e Milan: 6 puntos; Marsella e Zurich: 3 puntos).

En segundo lugar, eu penso que se perdeu o partido fundamentalmente por dous aspectos:

1) Fallos defensivos: Casillas non estivo á súa altura nos dous primeiros goles do Milan, e as marcaxes dos centrais a Pato deixaron moito que desexar. En defensa hai que mellorar bastante, e iso é traballo táctico do entrenador.

2) A falta de intelixencia: xa advertín na anterior entrada que o Madrid debería xogar este partido con intelixencia, é dicir, sabendo que conforme avanzase o partido o empate era positivo dada a clasificación. Isto non quere dicir que o Madrid tivese que saír a empatar, pero si un ve que o partido se complica (como de feito ocorreu co 1-2), hai que valorar o empate. Unha vez que este se conseguiu (co gol de Drenthe), o prioritario era conservalo (quedaban 10-15 minutos) e non ir ao tolo ao ataque deixando espacios atrás ao Milan (as consecuencias xa as vimos).

Dito isto, non hai que facer un drama dunha derrota que o Madrid poido evitar. A temporada non fixo máis que comezar, e o equipo non perdeu as posibilidades en ningunha competición. A Champions comeza realmente nos cruces, e a clasificación do Madrid para os oitavos de final non penso que perigue. E a liga é moi longa, e como xa teño dito, soe decidirse nos últimos 8-10 partidos.

E xa está.

Entry filed under: Uncategorized.

16 Copas de Europa fronte a fronte Porra 8ª xornada liga

7 comentarios Add your own

  • 1. Louro  |  octubre 22, 2009 a las 10:51 am

    Xa o comentei en máis dunha ocasión. O Madrid ten unha pegada impresionante, con xogadores de prineiro nivel arriba, e por iso gaña casi todos os partidos na liga española. Pero o baixo nivel actual da nosa liga non debe cegar aos madridistas porque calquera equipo mediocre español estalle a facer un par de goles, aínda que logo reciba tres. Iso reflexa que defende fatal, sen orden, nin coma un equipo sólido e unido. O das xogadas a balón parado e os goles que recibe por alto xa é de estudio. Pero ademais, tampouco ataca ben, non hai un xogo fluido no medio do campo que produza xogadas de ataque, simplemente resolven as individualidades.
    E con todo isto eu pregúntome, ¿ten adestrador?
    Ao final vas ter ti razón e o que lle fai falta ao Madrid é un tal Capello, que poña orde na defensa e no mediocampo, esperando a que decidan os dianteiros.

    Responder
  • 2. colgatore  |  octubre 22, 2009 a las 2:38 pm

    Ote, totalmente dacordo contigo nesta ocasión, salvo nun detalle. Refírome a si actualmente ten adestrador o Madrid. Penso que hai que darlle un tempo a Pellegrini, porque como dixen, este ano ficháronse 7-8 xogadores novos (casi todos titulares) e deste xeito un equipo conxuntado e con orden non se consigue da noite para a mañán. Hai que lembrar que no ano de Capello (para min o mellor do mundo), ao equipo costoulle conxuntarse na primeira volta (porque non é chegar e encher), pero na segunda xa se viu un EQUIPO.

    Dito esto, si a partir de xaneiro-febreiro o Madrid non acada o orden táctico, tanto en defensa como en ataque (sobre todo no primeiro caso), entón si que haberá que comezar a mirar cara Pellegrini e exixirlle responsabilidades, porque a plantilla que lle puxeron nas súas mans non a viu el nin nos seus mellores soños.

    Por último, se Capello colle esta plantilla, estou convencido que a fai campeona de polo menos dous títulos. Moito rollo co seu sistema de xogo, pero eu non vin que con Schuster ou con Juande o equipo xogase, en liñas xerais, máis “bonito” que con Capello.

    P.D: Por certo Ote, non eras ti o que decías que os adestradores no fútbol eran comedia, que ao final non pintaban nada? Por suposto que teñen que ver co devir dun equipo, sobre todo no aspecto táctico, físico e mental. E por suposto que un adestrador ten que ter xogadores bos aos que dirixir. Son dúas cousas que se teñen que complementar.

    E xa está.

    Responder
  • 3. Abegondo  |  octubre 22, 2009 a las 9:08 pm

    Ao meu xuízo as circunstancias que envolveron o partido desputado onte ademais de antollarse equivalentes ás do derradeiro encontro que afrontou España no último mundial poden axudarnos de paso para gañar en perspectiva alén das présas que nos invaden hoxe, daquela tamén se argüía en case todas as análises como eivas do equipo rival a súa lonxevidade, os moitos anos que levaban xogando, pertencer a unha xeración presuntamente esmorescente… fronte ás supostas vantaxes da xove, renovada, prometedora… selección española esquecendo, signo do noso século, o valor da experiencia, do oficio, o saber facer que só dan os anos e descoñecendo que a formación, o entendemento, a sazón unicamente os consegue a perseverancia en adicación continua decantada no tempo,este elocuente referente aducido debería de servirnos entón para ensinarnos que se non desesperamos nos primeiros reveses, evitamos caer nas precipitacións a que abocan as visións miopes máis sen ser impacientes por unha imposible colleita instantánea sabemos ponderar a progresión constante dos días os froitos virán a esgalla.

    Responder
  • 4. colgatore  |  octubre 22, 2009 a las 10:20 pm

    Abegondo, vouche nomear para premio Nobel de Literatura Galega. En canto ao que dis sobre o Madrid, tes razón. Non hai que perder a paciencia e esperar a recoller os froitos a final de temporada. As derrotas entre setembro e xaneiro no son definitivas ou cruciais. A partir de febreiro-marzo será cando haxa que acadar as vitorias decisivas, sobre todo na Champions.

    Responder
  • 5. Fran  |  octubre 23, 2009 a las 9:00 pm

    Eu o que vexo é que este equipo non xoga a nada. Inda non sabemos cal é o estilo nin o patrón de xogo. Non se poden quitar conclusións absolutas de todo o sucedido ata agora, pero si que por agora, non hai atisbos de equipo.
    A nivel individual o equipo adolece de moitos lastres. Xa dixen que MArcelo de lateral non sirve, Xabi Alonso está deseperado correndo por todos no medio do dampo, Lass escorado á dereita non luce as súas virtudes e de Benzema… Alguén sabe algo del?.
    O partido co Milan foi crónica dunha morte anunciada. O luns todos acertamos a quiniela, pero durante parte víase vir que se non chegaba o 2-0, podía suceder o que pasou. Ante un equipo da liga de veteranos (que non vai facer nada en Champions de seguir asi), o MAdrid xogou contaxiado polo seu ritmo soporífero. Físicamente o MAdrid á moi superior aos italianos, pero quixo xogar ao seu ritmo. Se tivese imposto maior velocidade ás xogadas e facer fases de partido con máis ida e volta, o Milan non tería soportado. Pero se tes a estes xubilados italianos xogando a “trote cochinero” durante 70 minutos, é lóxico que desputen os últimos 20 con combustible no corpo. Doutro xeito, e a maior ritmo, poderían ter sufrido un calvario no Bernabeu.
    Por agora o Madrid xogou dous partidos con rivais do seu nivel e perdeu os dous. Non é para tirase dos pelos pero si para mosquear.
    Apertas camarada¡

    Responder
  • 6. colgatore  |  octubre 23, 2009 a las 9:41 pm

    Camarada Hermida:

    Estou dacordo en que de momento non hai atisbos de equipo, pero esto é unha cousa esperada a estas alturas. Polo menos eu esperábao así. Penso que ata a segunda volta da liga non se poderán ver eses atisbos (a tempo para disputar a liga, xa que ésta se decide precisamente de xaneiro en diante). Lembro que a Capello sucedeulle o mesmo na primeira volta, mais na segunda as cousas mudaron de xeito significativo.

    No tocante a algúns xogadores a título individual, estou dacordo que Marcelo non rinde como lateral; outra cousa é como interior, porque ten cualidade ofensivas aproveitables. Sobre Lass, eu creo que é un fenómeno que está rendindo moi ben (un acerto de Mijatovic, por certo). De Xabi Alonso dicir que todavía non o vexo ao nivel que pode dar. E Benzema ten que espabilar, porque do contrario Higuaín terá que xogar bastante máis que el. De todas formas, queda moito, e as conclusións sobre xogadores a nivel individual haberá que facelas máis adiante.

    E sobre o partido co Milan, está claro que o Madrid equivocouse de plantexamento, tiña que imprimir un ritmo máis alto ao encontro. Este erro, unido a fallos defensivos puntuais, e a non saber manexarse co empate a dous (resultado que favorecía), levou a unha derrota dolorosa mais non crucial para a clasificación para oitavos de final da Champios.

    E xa está.

    Responder
  • 7. colgatore  |  octubre 23, 2009 a las 9:48 pm

    Por certo, quédame a dúbida de se o Madrid estaba fisicamente preparado para marcar un ritmo moito máis alto do que puxo ao partido. Hai que lembrar que o calendario está moi cargado, e a pesares da política de rotacións, a mala sorte das bastantes lesións sofridas fan que as devantidas rotacións non se poidan facer en toda a súa intensidade, e como consecuencia disto no plano físico o equipo se resinte.

    E xa está.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

octubre 2009
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: