Archive for octubre 24, 2009
Porra Copa
Porra dos seguintes partidos de Copa:
1) Alcorcón – Madrid
2) Cultural Leonesa – Barça
Un hombre 1) 1-2 2) 2-2
Rubia 1) 0-3 2) 0-3
Abegondo 1) 0-2 2) 0-0
Yago 1) 0-3 2) 0-3
Teixeira evita a vitoria do Madrid
Sporting Gijón 0 – Real Madrid 0
-
O árbitro anula un gol legal a Raúl
-
O Madrid mereceu a vitoria na segunda parte
-
O Gijón apenas creou perigo
Teixeira Vitienes pode estar tranquilo. Seguirá pitando sen problema na liga española, porque seguir as ordes dos seus amos (Villar e Sánchez Arminio) non cae en saco roto. O pésimo árbitrucho evitou que o Madrid gañase hoxe no Molinón, logo de inventarse unhas presuntas mans de Kaká, nunha xogada que rematou en gol de Raúl. Se o gol anulado fose do Sporting, o colexiado sería enviado á neveira con total seguridade.
Fóra da arbitraxe, o equipo dirixido por Pellegrini mereceu de sobra a vitoria, pero ben polo árbitro ou ben pola falta de pegada arriba (faltaban casi todos os dianteiros) non poido ser. Sobre todo na segunda parte, os merengues crearon ocasións para marcar, pero no fútbol o que finalmente vale é que a pelota entre na portería. E cando entrou, xa se encargou Teixeira de facer o «seu traballo».
O camiño a seguir polo Madrid está na segunda metade de hoxe, movendo ben a pelota no mediocampo, aproveitando as bandas e imprimindo ritmo e velocidade ao xogo.
En teoría son dous puntos perdidos (máis ben roubados), pero queda moita liga e isto non fixo máis que comezar.
Polo de pronto, a miña noraboa ao imputado Villar. Vou contar os puntos de menos que o Madrid vai ter a final de liga, e logo faremos contas.
E xa está.