Teixeira evita a vitoria do Madrid

octubre 24, 2009 at 8:22 pm 3 comentarios

 

Sporting Gijón  0  –   Real Madrid  0

 

  • O árbitro anula un gol legal a Raúl
  • O Madrid mereceu a vitoria na segunda parte
  • O Gijón apenas creou perigo

 

Teixeira Vitienes pode estar tranquilo. Seguirá pitando sen problema na liga española, porque seguir as ordes dos seus amos (Villar e Sánchez Arminio) non cae en saco roto. O pésimo árbitrucho evitou que o Madrid gañase hoxe no Molinón, logo de inventarse unhas presuntas mans de Kaká, nunha xogada que rematou en gol de Raúl. Se o gol anulado fose do Sporting, o colexiado sería enviado á neveira con total seguridade.

Fóra da arbitraxe, o equipo dirixido por Pellegrini mereceu de sobra a vitoria, pero ben polo árbitro ou ben pola falta de pegada arriba (faltaban casi todos os dianteiros) non poido ser. Sobre todo na segunda parte, os merengues crearon ocasións para marcar, pero no fútbol o que finalmente vale é que a pelota entre na portería. E cando entrou, xa se encargou Teixeira de facer o “seu traballo”.

O camiño a seguir polo Madrid está na segunda metade de hoxe, movendo ben a pelota no mediocampo, aproveitando as bandas e imprimindo ritmo e velocidade ao xogo.

En teoría son dous puntos perdidos (máis ben roubados), pero queda moita liga e isto non fixo máis que comezar.

Polo de pronto, a miña noraboa ao imputado Villar. Vou contar os puntos de menos que o Madrid vai ter a final de liga, e logo faremos contas.

E xa está.

Entry filed under: Uncategorized.

A Gijón casi sin dianteiros Porra Copa

3 comentarios Add your own

  • 1. Fran  |  octubre 25, 2009 a las 4:51 pm

    Se na túa casa tes unha pingueira que estraga a casa e lle botas a culpa ás termiteas e faslle un tratamento antitermitas obviando o tema da auga, cando te queiras dar conta, estás sin casa. No mAdrid igual. Falar de árbitros e demáis co xogo paupérrimo do eequipo, é dar rienda solta á pingueira.
    Os problemas son outros e aí é onde ten que ior o Madrid se quere solucionar os problemas actuais. O dos árbitros é unha moto que non merca ninguén. Nin o MArca e os AS, protopio de fanatismo branco.
    Apertas e non te consumas, camarada Mouzo.

    Responder
  • 2. Abegondo  |  octubre 25, 2009 a las 8:49 pm

    Tendo en conta o minguado equipo, a arbitraxe,os poucos puntos que foxen de Xixón, os resultados que se están a suceder,a xornada na que estamos e que as Ligas obtéñense gañando na casa e empatando fóra apreciaremos mellor as táboas de onte.

    Responder
  • 3. colgatore  |  octubre 25, 2009 a las 11:41 pm

    O único problema auténtico do Madrid é Villar. O resto é tempo, e iso se soluciona salvo que se pare o mundo. E o que publique o Marca e o As me importa pouco, pois estes diarios se adican ao un negocio que a min nin me vai nin me vén. En Gijón nos roubaron un gol legal que daría os tres puntos, polo tanto, o Madrid ten dous puntos de menos na clasificación. A final de temporada veremos cantos nos quitaron, e a ver si van a influir ou non para o título de liga.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

octubre 2009
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: