Archive for octubre 27, 2009
Hoxe toca o Trofeo da Xunqueira
O Real Madrid xoga hoxe un partido do Trofeo da Xunqueira (Copa do Rei). Esta competición, baixo o meu punto de vista, non presenta ningún atractivo para o club presidido por Florentino Pérez. Pola contra, si supón varios inconvintes: posibles lesións, un calendario máis cargado, e críticas xornalísticas en caso de caer eliminados.
Entendo que para clubs modestos a Copa poida ser unha motivación, porque é o único título ao que poden aspirar. Pero para o Madrid a ilusión debe ser sempre a Champions e a Liga. Por normativa, o equipo debe xogar a Copa se non queren que o sancionen, pero eu poría a competir a xogadores das categorías inferiores (que igual si terían motivación nesa competición).
En definitiva, trátase dun torneo no que o Madrid ten moito máis que perder que gañar. E se de casualidade os merengues lograsen gañar este título este ano, para min non contaría máis que un trofeo de verán.
Igual que a Supercopa de España, por exemplo. O Madrid gañou este trofeo o ano pasado, pero como logo non acadou ningún outro título, falouse de «ano en blanco». Pero si o perdese, as críticas arreciarían.
Se a Federación presidida polo imputado Villar quere facer negocio, que se convirta nunha S.A., pero que non se aproveite do tirón que teñen equipos como o Madrid para que logo o impresentable que di «furbol» disfrute de «vacacións á carta» pagadas por todos.
E xa está.