Hoxe toca o Trofeo da Xunqueira
octubre 27, 2009 at 3:20 pm 4 comentarios
O Real Madrid xoga hoxe un partido do Trofeo da Xunqueira (Copa do Rei). Esta competición, baixo o meu punto de vista, non presenta ningún atractivo para o club presidido por Florentino Pérez. Pola contra, si supón varios inconvintes: posibles lesións, un calendario máis cargado, e críticas xornalísticas en caso de caer eliminados.
Entendo que para clubs modestos a Copa poida ser unha motivación, porque é o único título ao que poden aspirar. Pero para o Madrid a ilusión debe ser sempre a Champions e a Liga. Por normativa, o equipo debe xogar a Copa se non queren que o sancionen, pero eu poría a competir a xogadores das categorías inferiores (que igual si terían motivación nesa competición).
En definitiva, trátase dun torneo no que o Madrid ten moito máis que perder que gañar. E se de casualidade os merengues lograsen gañar este título este ano, para min non contaría máis que un trofeo de verán.
Igual que a Supercopa de España, por exemplo. O Madrid gañou este trofeo o ano pasado, pero como logo non acadou ningún outro título, falouse de «ano en blanco». Pero si o perdese, as críticas arreciarían.
Se a Federación presidida polo imputado Villar quere facer negocio, que se convirta nunha S.A., pero que non se aproveite do tirón que teñen equipos como o Madrid para que logo o impresentable que di «furbol» disfrute de «vacacións á carta» pagadas por todos.
E xa está.
Entry filed under: Uncategorized.
4 comentarios Add your own
Deja una respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
Fran | octubre 28, 2009 a las 8:45 pm
Para ser o torneo da Xunqueira, vaia soba. Sen ánimo de tocar as narices, que sei que nestes intres a cousa escoce, me remito ao do outro día. E agora que?. Villarato?, Pellegrini?, árbitros?, terreo de xogo?, la UEFA?, la OTAN?… Mentres tiren balóns fóra…
2.
colgatore | octubre 28, 2009 a las 10:08 pm
Ogallá o Villarato só actuase nos partidos de Copa, que ao fin e ao cabo, para min son encontros sin maior importancia. O malo é que o Villarato actúa na liga.
3.
Louro | octubre 30, 2009 a las 3:06 pm
Déixate de Villaratos e mariconadas e analisa como carallo o «Florenteam» pode levar tamaña pana en ALCORCÓN.
Eu desde logo disfrutei coma un anano, pero tamén sentín vergoña allea, ¿e ti que opinas?
4.
colgatore | octubre 30, 2009 a las 3:40 pm
Louro, eu teño claro por que o Madrid perdeu en Alcorcón. Eu nin sentín vergoña, nin nada polo estilo. O maior sentimento que me produciu o resultado foi a indiferencia, porque para min a Copa é un torneo inútil para o Madrid. E penso que para os xogadores, directivos e corpo técnico tamén é un trofeo menor, aínda que non o poidan recoñecer publicamente.