Higuaín 2 – Villarato 0

octubre 31, 2009 at 10:56 pm 1 comentario

Pipita

Real Madrid 2 – Getafe 0

  • Arranque de orgullo dun Madrid  en inferioridade numérica
  • Inxusta expulsión de Albiol por parte dun árbitro obediente
  • Partidazo do Pipita, con dous goles e un tiro ao poste

O Real Madrid venceu por 2-0 ao Getafe a pesar de xogar máis de 60 minutos con dez logo dunha inxusta expusión de Albiol por parte dun árbitro (Mateu Lahoz) obediente ás ordes  de Villar «y sus mariachis». Os merengues reaccionaron con orgullo e casta ante a inxustiza, e na segunda parte anotaron dous goles e poideron incluso marcar máis.

O Pipita Higuaín, autor dos dous goles, foi a estrela do partido, confirmando que a día de hoxe é o  mellor dianteiro que ten o Madrid. Os que aventuraron  hai un par de anos que o arxentino acabaría cedido nun equipo medio da primeira división agora teñen que calar a boca. Para min o Pipita é, xunto con Pato (Milan, 20 anos) e Benzema, o atacante xoven con maior proxección que existe no mundo do fútbol na actualidade.

Resaltar tamén a posición na que xogou Marcelo, de centrocampista pola esquerda. Xa o ano pasado Juande Ramos o utilizou así no equipo, e o rendemento do brasileiro creceu notablemente, porque dese xeito aproveita as súas cualidades ofensivas e tapa as súas carencias defensivas (ao ter un lateral solvente por detrás).

En definitiva, vitoria moi meritoria do Madrid. Penso que ninguén poderá negar que xogar con dez máis de 60 minutos, coa presión que existía neste partido logo do acontecido na Copa, ten un mérito importante. Aínda que agora algúns dirán que o Getafe é unha banda, ou cousas polo estilo. Agora ben, se o que hoxe fixo o Madrid faino o Barcelona, falarían de «máquina» ou    «superequipo».

E xa está.

———————————————————————————————–

P.D: Por certo, o Barcelona empatou co Osasuna (1-1), pero non serei eu quen diga agora que os cataláns son pouco menos cunha banda. O Madrid empatou en Gijón (con tres dianteiros de baixa), e algúns criticaron aos merengues todo o que quixeron.

Gañar fóra na liga española non é tan fácil como algúns pensan (salvo nalgúns campos contados). Ademais, non se pode gañar todos os partidos, e tanto Madrid ou Barcelona  poden pasar por baches ao longo da temporada.

———————————————————————————————

En canto á porra, Abegondo acertou o 2-0 do Madrid. Está feito un fenómeno, xa van dúas veces que acerta un resultado dos merengues. Pásate por Corcubión a «cobrar» os cacharros.


Anuncio publicitario

Entry filed under: Uncategorized.

Porra 9ª xornada liga Porra Champions

1 comentario Add your own

  • 1. Abegondo  |  noviembre 3, 2009 a las 1:27 pm

    E outra volta galeotes contra marea (expulsión de Albiol) tendo que remar para non perder costume, bogar arreo (sobranceiro Higuaín) fronte ao temporal destes días condeados, poñer rota xa a seguir viquingos cara a unha nova singladura (Milán) aínda moito máis esixente…
    ———————————————
    Os prognósticos sonche cadrolos mais benvindas sexan sempre na botica esas receitas que polo noso ben prescriben as autoridades sanitarias.

    Responder

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

octubre 2009
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: