Archive for noviembre, 2009

Superequipo 1 – Banda 0

O Superequipo gañou hoxe á Banda por 1-0. Dominou claramente o partido e dispuxo das ocasións de gol, desplegando ese xogo que fai que sexa recoñecido como unha máquina de facer fútbol. A Banda, pola contra, demostrou o que a prensa deportiva afirma esta temporada: non xoga a nada. Realmente non sei que fai un equipo así en primeira división. Non ten xogadores de nivel, xa que Cristiano, Kaká, Higuaín e compañía son fubolistas do montón.

Logo do dito, está claro que o resultado estaba cantado, e incluso quedouse corto. Foi porque o Superequipo non quixo abusar. Marcou o seu gol e logo se puxo a facer ese fútbol de alta escola que o caracteriza.

Hai que felicitar ao árbitro, pois estivo impecable. Se alguén pensa que o gol de Ibrahimovic é fóra de xogo se equivoca: o sueco está polo menos 20 metros máis retrasado ca defensa. Os seguidores da Banda son uns choróns, só saben queixarse e falar de Villaratos e tonterías varias.

A verdade é que non se sabe por que o Superequipo ten que xogar os partidos que lle restan na liga. Como está claro que vai a quedar primeiro, o mellor é que lle entreguen o copa de campeóns e non se perda máis tempo. A Banda, coas axudas arbitrais, tentará quedar segundo.

E xa está.

Anuncio publicitario

noviembre 29, 2009 at 9:44 pm Deja un comentario

Higuaín debe ser titular ante o Barça

Os diarios deportivos madrileños sinalan que no once que Pellegrini alineará ante o Barça non se atopará Higuaín. Non sería a primeira vez que se equivocan adiantando un equipo titular, e espero que desta vez así sexa.

Xa teño dito en máis dunha ocasión que penso que o Pipita é a día de hoxe o mellor dianteiro que ten o Real Madrid. E para xogar ante os culés teñen que estar os mellores. Aínda que intúo que Higuaín vai ser suplente.

Con Kaká por detrás do dianteiro arxentino, e Cristiano e Granero nas bandas, o Madrid pode facer bastante dano na defensa blaugrana. Pero haberá que esperar para ver o que Pellegrini decide.

O resto da alineación parece bastante clara, á espera de saber se Albiol se recupera dunhas molestias. Lass e Xabi Alonso serán os mediocentros, con Ramos, Pepe, Albiol ou Garay e Arbeloa en defensa. E por suposto, Casillas na portería.

En canto ao Barça, parece que Messi e Ibrahimovic van a poder xogar posto que hoxe adestraron con normalidade. No caso do arxentino, os médicos do equipo catalán penso que mentiron co diagnóstico da súa lesión. Se tivera realmente unha rotura muscular, por moi pequena que sexa, non podería voltar aos terreos de xogo en polo menos 10 días.

E xa está.

noviembre 27, 2009 at 12:56 pm Deja un comentario

Outra vez o Pipita

Real Madrid 1    Zurich 0

  • Higuaín volveu a decidir cun gol na primeira metade
  • Cristiano volveu a xogar uns minutos logo da lesión
  • Os suizos non crearon ningunha ocasión de gol

O Real Madrid practicamente asegurou o seu pase aos oitavos de final da Champions logo de vencer por 1-0 ao Zurich no Santiago Bernabeu. Un solitario gol do Pipita Higuaín aos 20 minutos decidiu un partido no que os blancos imprimiron un ritmo alto na primeira media hora, para despois deixarse levar ante o inofensivo equipo suizo. O dianteriro arxentino volveu a dar unha vitoria importante, igual que sucedeu o sábado ante o Rácing.

O Madrid pasa a liderar o seu grupo aproveitando o empate do Milan co Olimpique de Marsella en San Siro. Deste xeito, os merengues afrontan a derradeira xornada da liguiña sabendo que aínda perdendo por dous goles de diferencia ante os franceses estaría clasificados. Se gañan ese encontro serían seguro primeiros de grupo, e se empatan e o Milan non gaña tamén.

En canto ao partido de hoxe, pareceuse bastante ao do pasado sábado ante o Santander. Primeira media hora cun ritmo alto, tocando con rapidez e creando ocasións. Só entrou a do Pipita, pero houbo un tiro ao pau de Marcelo e dúas boas paradas do porteiro suizo a tiros de Kaká e Xabi Alonso.

Xa na segunda parte o Madrid baixou o pistón vendo que o Zurich era incapaz de crearlle perigo. Aínda así, poideron caer máis goles, posto que primeiro Van der Vaart e logo Cristiano desaproveitaron dous man a man co gardameta rival.

E xa está.

 

noviembre 25, 2009 at 11:05 pm 5 comentarios

Porra Barça-Real Madrid

Porra para o clásico Barça-Madrid do vindeiro 29 de novembro

Un hombre                  2-3

Arturo                         1-3

Rubia                          1-1

Trotis                          1-2

Abegondo                   0-2

noviembre 25, 2009 at 4:36 pm 4 comentarios

Ao despiste con Messi

Messi lesionouse o pasado sábado en San Mamés, e segundo o parte médico sufre unha rotura muscular de grado I nun abductor. A prensa deportiva catalana fala de que o arxentino podería xogar o partido contra o Inter de Champions, que se disputa mañá martes. E por suposto, si poidera entrar no equipo neste encontro, tamén estaría listo para o clásico do domingo.

Eu creo que a prensa deportiva culé está xogando ao despiste neste tema. E faino porque esta semana se disputa o Barça-Madrid. Do contrario, xa quedaría claro que un futbolista cunha rotura muscular, por moi pequena que sexa, ten que gardar reposo 7-10 días. Se non o fai, o risco de agrandar a lesión é bastante alto.

Teño a Guardiola por unha persoa intelixente, e penso que non vai a forzar a Messi. Moito menos no partido contra o Inter, depois de tan só tres días dende que se lesionase. Contra o Madrid, logo de 8 días, podería arriscar. Pero a probabilidade de que o xogador se resinta e se lesione para un mes pode ser alta. Polo tanto, eu aposto a que Messi non vai xogar nin contra o Inter nin contra o Madrid. A non ser que os servizos médicos do Barcelona mintan, e en realidade non teña unha rotura muscular.

E xa está.

noviembre 23, 2009 at 6:07 pm Deja un comentario

Porra Champions

Porra para os partidos de Champions:

1) Madrid-Zurich

2) Barça-Inter

Un hombre                        1) 4-1               2) 2-2

Rubia                                1) 1-0                2) 1-1

Laura                                1) 2-1                2) 1-0

Trotis                                1) 2-1                2) 3-3

Yago                                 1) 5-0                2) 2-1

Ote                                   1) 2-2                2) 3-1

Abegondo                         1) 2-0                2) 0-0

noviembre 22, 2009 at 12:28 am 6 comentarios

Líder a cuarto de jas

Real Madrid 1 – Rácing Santander 0

  • Boa primeira media hora do equipo de Pellegrini
  • Logo de marcar Higuaín, os merengues xogaron a cuarto de jas
  • Mal o árbitro: penalti non pitado a Benzema e gol legal anulado ao Rácing

O Real Madrid gañou 1-0 ao Rácing de Santander no Bernabeu e se coloca líder na liga logo de que o Barça non pasase do empate en San Mamés (1-1). Os merengues sacaron o partido adiante grazas a un gol do Pipita Higuaín no minuto 22, para logo adicarse a contemporizar. Os cántabros tampouco axudaron a que se vise un partido máis atractivo para o espectador, pois apenas se achegaron con perigo á meta de Casillas. E cando o fixeron, e marcaron, o gol foi anulado por un fóra de xogo inexistente.

Este erro compensaba o penalti non pitado a Benzema cando o marcador aínda reflexaba o empate sen goles. Ramírez Domínguez é un árbitro malo e demostrouno no Bernabeu, coa «axuda» dun linier (no caso do fóra de xogo). Menos mal que non se cumpriron os meus prognósticos que apuntaban a unha expulsión dun xogador do Madrid, para que non poidese xogar contra o Barça o vindeiro domingo 29.

O Madrid practicou un fútbol fluido na primeira media hora de encontro, con moita posesión de balón e varias oportunidades. Houbo dous tiros aos postes antes de que o Pipita adiantase aos locais. Na segunda metade os blancos xogaron a cuarto de jas, cecais pensando en vindeiros compromisos: o mércores partido de Champions, e o domingo o clásico. Tamén pode ser que a escadra comandada por Pellegrini non estea no seu mellor momento de forma física a estas alturas de campeonato, tendo en conta que o corpo técnico (xunto con preparadores físicos) planifican a temporada para chegar ao final no pico máis alto.

A partir de agora, avecíñase unha semana apaixoante. A metade de semana, partido de Champions ante o Zurich, onde o Madrid non pode fallar para asegurar a clasificación para oitabos de final. E o domingo, partidazo ante o Barça no Campo Nuevo. Este partido será importante, pero non transcendental. E máis sabendo que a diferencia de puntos entre os dous equipos é mínima.

E xa está.

———————————————————————————————————————————————————————————————————————————

Última hora: Messi lesionouse nun abductor ante o Atletic de Bilbao e podería perderse o partido ante o Madrid. Segundo o médico do Barcelona, é baixa segura ante o Inter de Milan e seria dúbida para xogar o clásico.

Dende o punto de vista dun espectador neutral, sempre é mala noticia que un crack non poida xogar un Barça-Madrid. Pero dende a óptica dun madridista sempre son boas novas que o equipo rival non poida contar co seu xogador máis importante. O mesmo pensaran moitos culés de Cristiano Ronaldo, que salvo novidade si poderá disputar o clásico.

Si se confirma a baixa de Messi, en principio o Madrid terá máis posibilidade de gañar o partido, pero non quere dicir que xa teña o partido resolto nen moito menos. Lembro que o ano pasado os merengues chegaron a Barcelona con numerosas baixas importantísimas. Moita xente pensaba que ían a ser goleados, mais o encontro resolveuse nos últimos dez minutos, e o Madrid desperdiciou un man a man de Drenthe con Valdés na primeira metade.

 

noviembre 22, 2009 at 12:12 am 2 comentarios

A ver a quen expulsan

O Real Madrid xoga este sábado 21 contra o Rácing de Santander, en partido correspondente á 11ª xornada de liga. Trátase do partido previo ao clásico por excelencia do fútbol español (Barça-Madrid ou Madrid-Barça), que se disputará o vindeiro domingo 29.

Para o partido contra os racinguistas, e aparte do resultado, só me queda unha dúbida: a quen van a expulsar dos merengues, para que non poida xogar o partido do Nou Camp (xa pasou o ano pasado con Robben). Para elo, o imputado Villar xa se encargou de que o árbitro sexa un dos máis tarxeteiros: Ramírez Domínguez (casi nada al aparato). En cambio, o colexiado para o Atletic – Barça será Teixeira Vitienes, que xa roubou dous puntos ao Madrid este ano en Gijón logo de anular un gol legal a Raúl por mans inexistentes de Kaká.

O Madrid afronta o partido contra o Santander con cinco baixas: Ramos, Lass, Cristiano, Van Gol e Guti. Pero hai que ver o lado positivo destas ausencias, xa que estes futbolistas si poderán disputar o clásico porque non poderán ser expulsados.

E xa está.

noviembre 20, 2009 at 5:05 pm Deja un comentario

Porra 11ª xornada liga

Porra para os partidos:

1) Madrid – Rácing Santander

2) Atletic – Barça

Un hombre           1) 3-1         2) 2-1

Laura                   1) 3-0        2) 2-2

Abegondo            1) 2-0        2) 0-0

Trotis                   1) 4-2         2) 3-3

noviembre 17, 2009 at 7:50 pm 2 comentarios

Retirada de Raúl?

Un panfleto editado en Barcelona, El Mundo Deportivo, publica hoxe que Raúl está meditando retirarse do fútbol ao finalizar a presente campaña, para pasar a ocupar un lugar nalgún despacho do Real Madrid. Persoalmente penso que a información é falsa, pero o tempo porá a cada un no seu sitio.

Con independencia de que a noticia sexa veraz ou non, penso que Raúl aínda ten fútbol para dous ou tres anos máis. Outra cuestión é si ese fútbol que lle queda poder ser no Madrid ou noutro equipo de menor rango. A día de hoxe, para min Raúl non debe ser titular, aínda que pode aportar cousas ao equipo desde a suplencia. E o máis importante que pode facer ten que ver co que é, para min, a súa maior virtude: mentalidade gañadora. Estamos falando dun «crack mental»; si outros xogadores con máis cualidades técnicas que Raúl tiveran a súa mentalidade serían supercracks (por exemplo, Guti).

Por outro lado, existen moitos mitos sobre Raúl. Un deles é que se trata dun cáncer no vestiario. Estou totalmente en desacordo con esto. É máis, penso exactamente o contrario: é unha persoa que fai grupo, que imprime un carácter gañador ao colectivo. Chegará o día en que teña que deixar o Real Madrid, logo dun montón de anos na élite e unha chea de títulos. Ese día haberá que poñerse en pé e aplaudir a un xogador que o dou todo polo seu equipo. Un futbolista exemplar, que nunca foi expulsado dun campo de fútbol. Dubido que algún futbolista dalgún equipo rival poida dicir algo negativo de Raúl sobre o seu comportamento no terreo de xogo.

E xa está.

noviembre 15, 2009 at 10:20 pm Deja un comentario

Entradas anteriores


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Posts by Month

Posts by Category