Archive for noviembre 3, 2009

Hai que gañar

Milan-Real Madrid (20.45 h, TVE). Partidazo hoxe en San Siro, no que os merengues necesitan gañar se queren aspirar ao primeiro posto do grupo, que dá dereito a xogar o partido de volta dos oitavos de final na casa.

Eu espero un partido vistoso e con ocasións de gol por ambos equipos. O Madrid, se imprime un ritmo alto de xogo, ten máis posibilidades de levarse a vitoria. Do contrario (como sucedeu no Bernabeu), será o equipo local o que vai ver en aumento esas posibilidades.

Parece que  Pellegrini vai a alinear o mesmo once titular que contra o Getafe. É dicir, con Higuaín e Benzema en punta, con Kaká por detrás e Marcelo pola esquerda no medio campo. Xabi e Lass de medioscentros; e Ramos, Pepe, Albiol e Arbeloa na defensa. E por suposto, Casillas na meta. Esperemos que o porteiro teña unha noite máis acertada que  no partido do Bernabeu ante os milanistas.

En canto á defensa, para min a que vai xogar hoxe é a que debe ser titular. Arbeloa como lateral esquerdo é máis solvente en defensa que Marcelo. Pepe e Albiol son os mellores centrais do equipo, e Sergio Ramos queda como lateral dereito. O sevillano ten unhas cualidades innatas tremendas, pero creo que debe centrarse se non quere ver como a súa progresión deportiva se estanca seriamente. Tampouco lle axuda que a veces o equipo xogue sin interior dereito (cando Granero ocupa esa posición, Ramos fai mellores partidos, en xeral).

A miña aposta xa a puxen na porra: 1-2. Con goles de Marcelo e Benzema. E agardo non equivocarme no tocante a que vai ser un partido vistoso con chegadas constantes nas dúas áreas.

E xa está.

Anuncio publicitario

noviembre 3, 2009 at 12:32 pm 2 comentarios


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Posts by Month

Posts by Category