Archive for noviembre 5, 2009

Lesión de Cristiano

Algúns medios deportivos publican hoxe que Cristiano Ronaldo non se dá recuperado da lesión no nocello, e por iso viaxou ata Holanda para ser visto polo prestixioso médico Van Dyjk (número 1 do mundo en temas de nocello).

Por Madrid circula o rumor de que o club blanco preparou unha estratexia para que CR9 non teña posibilidades de xogar con Portutal os partidos da repesca para o Mundial (14 e 18 deste mes). Para elo, publicouse un informe médico pesimista e filtrouse á prensa que o crack deberá estar parado polo menos un mes máis. Se dita estratexia se confirma, o Real Madrid anunciaría a recuperación de Cristiano despois de que se disputen os partidos de Portugal.

Esperemos que sexa certo que se trata dunha táctica madridista para que os portugueses non forcen a CR9 a xogar a repesca. Se non é así, serían moi malas novas para os merengues, pois o astro luso é polo menos un 30% do equipo, e o partido contra o Barça será dentro de 3 semanas.

E xa está.

———————————————————————————————-

Información de última hora: O doctor Van Dyjk xa examinou a Cristiano e dictaminou 15 días máis de tratamento de recuperación. Logo dese periodo, volverase a explorar ao portugués para ver a súa evolución. En principio, evitaría o quirófano (que faría que CR9 estivese 2-3 meses de baixa).

Esta información sobre a revisión feita polo médico holandés é compatible co rumor antes mencionado. Deste xeito, Cristiano sería revisado novamente por Van Dyjk o 20 de novembro, logo de que Portugal xa disputase os dous partidos de repesca. Se devandito día ao crack o dan de alta, confirmaríase o rumor. O tempo será o que diga se é verdade ou non.

Anuncio publicitario

noviembre 5, 2009 at 4:39 pm Deja un comentario

Porra 10ª xornada liga

Porra dos seguintes partidos de liga:

1) Atlético – Real Madrid

2) Barça – Mallorca

(Na porra Champions, Abegondo volveu a acertar un resultado, desta vez o do Barça. Vai coller un merendón si ten que beber todos os cacharros que leva gañados no mesmo día)

Un hombre          1) 2-3            2) 2-2

Yago                    1) 2-3            2) 3-1

Noe                      1) 1-5            2) 5-1

Abegondo           1) 0-2           2) 0-0

Ote                       1) 3-2             2) 3-1

Trotis                  1) 1-3             2) 1-1

noviembre 5, 2009 at 12:26 am 5 comentarios

Empate inxusto

Milan 1 – Real Madrid 1

  • Grandísima primeira parte dos blancos
  • O Milan empatou de penalti inxusto
  • A maquinaria merengue comeza a dar visos de que funciona

A veces o fútbol é inxusto. O Madrid mereceu gañar en Milan pero acabou empatando. A primeira parte dos merengues foi espectacular, cun fútbol vistoso, rápido, fluído e con constantes chegadas ao área. Dazasete tiros a porta falan por si mesmos do que foron os primeiros 45 minutos do equipo de Pellegrini.

Benzema adiantou aos blancos perto da media hora de xogo, pero pouco despois un penalti inexistente (o balón pega a Pepe entre o costado e o sobaco) facía que os italianos igualasen o marcador. O árbitro, para compensar, anulou un gol legal de Pato.

A segunda parte trancorreu máis igualada, con menos ritmo e velocidade. En parte normal, xa que manter a intesidade da primeira parte era case imposible. Aínda así, o Madrid gozou tras o descanso das mellores ocasións para gañar un partido que xa poido encarrilar na primeira metade.

Cabe subliñar que os que pensabamos que o Milan sofriría bastante nos últimos 20-25 minutos cun partido de alto ritmo e velocidade, estabamos equivocados. Penso que os italianos non están tan mal fisicamente como se comentou, ou polo menos non o demostraron no partido de San Siro. É certo que teñen a varios xogadores por riba dos 30 anos, pero iso non significa que sexan futbolistas que non estean preparados para competir na élite.

E xa está.

noviembre 5, 2009 at 12:10 am 1 comentario


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Posts by Month

Posts by Category