Empate inxusto
noviembre 5, 2009 at 12:10 am 1 comentario
Milan 1 – Real Madrid 1
-
Grandísima primeira parte dos blancos
-
O Milan empatou de penalti inxusto
-
A maquinaria merengue comeza a dar visos de que funciona
A veces o fútbol é inxusto. O Madrid mereceu gañar en Milan pero acabou empatando. A primeira parte dos merengues foi espectacular, cun fútbol vistoso, rápido, fluído e con constantes chegadas ao área. Dazasete tiros a porta falan por si mesmos do que foron os primeiros 45 minutos do equipo de Pellegrini.
Benzema adiantou aos blancos perto da media hora de xogo, pero pouco despois un penalti inexistente (o balón pega a Pepe entre o costado e o sobaco) facía que os italianos igualasen o marcador. O árbitro, para compensar, anulou un gol legal de Pato.
A segunda parte trancorreu máis igualada, con menos ritmo e velocidade. En parte normal, xa que manter a intesidade da primeira parte era case imposible. Aínda así, o Madrid gozou tras o descanso das mellores ocasións para gañar un partido que xa poido encarrilar na primeira metade.
Cabe subliñar que os que pensabamos que o Milan sofriría bastante nos últimos 20-25 minutos cun partido de alto ritmo e velocidade, estabamos equivocados. Penso que os italianos non están tan mal fisicamente como se comentou, ou polo menos non o demostraron no partido de San Siro. É certo que teñen a varios xogadores por riba dos 30 anos, pero iso non significa que sexan futbolistas que non estean preparados para competir na élite.
E xa está.
Entry filed under: Uncategorized.
1 comentario Add your own
Deja una respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
Abegondo | noviembre 6, 2009 a las 12:10 pm
Todos os xogadores estiveron, sobre todo no primeiro tempo, moi entonados trasantonte agás nos iniciais intres de desxeo e nalgúns do segundo periodo , mención especial merecen Kaká e Benzemá que acribillaron a porta máis o ubicuo Lass, amosaronse cobizosos no roubo, entregados a acoutar espazos, dispostos nas axudas,imprimiron maior rapidez ás xogadas, velocidade nos pases, celeridade nos ataques da que adoitaban, coa salvedade de certos lances a balón parado gardaron sempre a concentración previndo o perigo e fuxindo a correxir ocos posicionais, completaron así un dos mellores encontros desputados no que se lles leva visto na tempada en curso.