Lesión de Cristiano

noviembre 5, 2009 at 4:39 pm Deja un comentario

Algúns medios deportivos publican hoxe que Cristiano Ronaldo non se dá recuperado da lesión no nocello, e por iso viaxou ata Holanda para ser visto polo prestixioso médico Van Dyjk (número 1 do mundo en temas de nocello).

Por Madrid circula o rumor de que o club blanco preparou unha estratexia para que CR9 non teña posibilidades de xogar con Portutal os partidos da repesca para o Mundial (14 e 18 deste mes). Para elo, publicouse un informe médico pesimista e filtrouse á prensa que o crack deberá estar parado polo menos un mes máis. Se dita estratexia se confirma, o Real Madrid anunciaría a recuperación de Cristiano despois de que se disputen os partidos de Portugal.

Esperemos que sexa certo que se trata dunha táctica madridista para que os portugueses non forcen a CR9 a xogar a repesca. Se non é así, serían moi malas novas para os merengues, pois o astro luso é polo menos un 30% do equipo, e o partido contra o Barça será dentro de 3 semanas.

E xa está.

———————————————————————————————-

Información de última hora: O doctor Van Dyjk xa examinou a Cristiano e dictaminou 15 días máis de tratamento de recuperación. Logo dese periodo, volverase a explorar ao portugués para ver a súa evolución. En principio, evitaría o quirófano (que faría que CR9 estivese 2-3 meses de baixa).

Esta información sobre a revisión feita polo médico holandés é compatible co rumor antes mencionado. Deste xeito, Cristiano sería revisado novamente por Van Dyjk o 20 de novembro, logo de que Portugal xa disputase os dous partidos de repesca. Se devandito día ao crack o dan de alta, confirmaríase o rumor. O tempo será o que diga se é verdade ou non.

Anuncio publicitario

Entry filed under: Uncategorized.

Porra 10ª xornada liga Se aveciña Villarato

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: