Archive for noviembre 6, 2009

Se aveciña Villarato

Villar e Sánchez Arminio decidiron que o árbitro do Atlético-Madrid sexa Clos Gómez. Ou sexa, o mesmo que a temporada pasada. É o «premio» trala desastrosa actuación do ano pasado deste colexiado antimadridista no Vicente Calderón. Expulsou a Van Gol inxustamente e anulou dous goles legais aos merenges.

Ademais, tanto o comité de competición como o de apelación non lle quitaron a tarxeta vermella a Albiol, cuns argumentos penosos e de risa. Admitiron todos os recursos menos o do club presidido por Florentino (que casualidade!!!). Xa se sabe que os secuaces do imputado Villar teñen que actuar segundo a voz do seu amo. Patético e vergoñento.

En definitiva, se aveciña Villarato. E non só para o partido do Calderón de mañán. Quedan dúas xornadas para que o Madrid visite o Campo Nuevo, e a dúbida que teño é a que xogador blanco van a expulsar na xornada anterior para que non poida xogar contra o Barça.

E xa está.

noviembre 6, 2009 at 2:07 pm 2 comentarios


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Posts by Month

Posts by Category