Archive for noviembre 8, 2009
Porra Copa
Porra para o partido de Copa do Madrid:
Real Madrid – Alcorcón
Un hombre 0-4
Rubia 5-0
Yago 4-1
Abegondo 6-0
Trotis 6-1
Laura 4-0 (E a penaltis pasa o Madrid)
Houbo que darlle emoción
Atlético 2 – Real Madrid 3
- Vitoria sufrida dos blancos, que gañaban 0-3 ata a expulsión de Ramos
- Golazo de Kaká, que abriu o marcador aos 4 minutos
- Superioridade manifesta do Madrid na primeira parte, e apuros ao final cun home menos
O Real Madrid gañou 2-3 o derbi madrileño con certos apuros nos últimos 15 minutos de partido. Ata o minuto 65 os merengues gañaban 0-3, nun partido que tiñan totalmente controlado e cunha superioridade manifesta.
Pero a expulsión de Sergio Ramos cambiou o partido. Os colchoneiros se creceron e lograron anotar dous goles seguidos que lle deron emoción ao encontro. Incluso poideron empatar no desconto, pero Casillas evitouno.
Destacar o golazo de Kaká aos 4 minutos. Xa é tradicional que o Madrid marque no Calderón nos primeiros minutos, e desta vez tocoulle ao astro brasileiro abrir o marcador cun sensacional disparo dende 35 metros. Marcelo e o Pipita encargáronse de facer os outros goles merengues.
En contra do que eu esperaba, o árbitro (Clos Gómez) estivo bastante ben durante todo o partido. Acertou na expulsión de Ramos, e non picou cando lle pediron penalti nun piscinazo de Jurado. Polo tanto, hai que recoñecer o seu bo traballo a pesares de ser antimadridista.
Por último, teño que falar negativamente dun xogador do Madrid. E vouno facer hoxe, logo dun partido gañado, para que ninguén poida pensar que critico a un futbolista despois dunha derrota. Non se trata neste caso de que o equipo gañe ou perda. Trátase de que para xogar no Madrid hai que ter un nivel mínimo. E o xogador do que falo para min non o ten. De cada dez pases, falla 7 ou 8. Corre como un polo sen cabeza, e non sabe nin disparar a porta. Sinceramente, eu non sei que lle viron a ese xogador para fichalo. Falo de Gago.
E xa está.