Houbo que darlle emoción

noviembre 8, 2009 at 3:10 pm 1 comentario

Atlético  2 – Real Madrid  3

  • Vitoria sufrida dos blancos, que gañaban 0-3 ata a expulsión de Ramos
  • Golazo de Kaká, que abriu o marcador aos 4 minutos
  • Superioridade manifesta do Madrid na primeira parte, e apuros ao final cun home menos

O Real Madrid gañou 2-3 o derbi madrileño con certos apuros nos últimos 15  minutos de partido. Ata o minuto 65 os merengues gañaban 0-3, nun partido que tiñan totalmente controlado e cunha superioridade manifesta.

Pero a expulsión de Sergio Ramos cambiou o partido. Os colchoneiros se creceron e lograron anotar dous goles seguidos que lle deron emoción ao encontro. Incluso poideron empatar no desconto, pero Casillas evitouno.

Destacar o golazo de Kaká aos 4 minutos. Xa é tradicional que o Madrid marque no Calderón nos primeiros minutos, e desta vez tocoulle ao astro brasileiro abrir o marcador cun sensacional disparo dende 35 metros. Marcelo e o Pipita encargáronse de facer os outros goles merengues.

En contra do que eu esperaba, o árbitro (Clos Gómez) estivo bastante ben durante todo o partido. Acertou na expulsión de Ramos, e non picou cando lle pediron penalti nun piscinazo de  Jurado. Polo tanto, hai que recoñecer o seu bo traballo a pesares de ser antimadridista.

Por último, teño que falar negativamente dun xogador do Madrid. E vouno facer hoxe, logo dun partido gañado, para que ninguén poida pensar que critico a un futbolista despois dunha derrota. Non se trata neste caso de que o equipo gañe ou perda. Trátase de que para xogar no Madrid hai que ter un nivel mínimo. E o xogador do que falo para min non o ten. De cada dez pases, falla 7 ou 8. Corre como un polo sen cabeza, e non sabe nin disparar a porta. Sinceramente, eu non sei que lle viron a ese xogador para fichalo. Falo de Gago.

E xa está.

Entry filed under: Uncategorized.

Se aveciña Villarato Porra Copa

1 comentario Add your own

  • 1. Abegondo  |  noviembre 9, 2009 a las 12:34 pm

    Outra vegada máis invictos en territorio comanche, nesta xeira como sempre dando primeiro e cedo (o canonazo de Kaká abre camiño), poñendo terra de por medio logo (ben en ataque coordinado, como o que remata Marcelo, ben individual, así Higuaín entrando ata a cociña) co gallo de deixar o serodio esforzo local baldío, xurdir de augas procelosas cando ninguén contaba con náufragos tralo vendaval para vir afogar á beira do areal ao final co rostro pálido sino é dos indianos.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: