Follón Cristiano

noviembre 9, 2009 at 1:44 pm Deja un comentario

  • Queiroz convoca a CR9 para os partidos de repesca de Portugal
  • O Madrid di que o crack está lesionado e aporta o parte médico de Van Dijk
  • A normativa FIFA permite a Portugal examinar ao xogador

A lesión de Cristiano está dando moito que falar. Que si está xa recuperado (como sosteñen en Portugal), que si todavía necesita tempo para volver a xogar (como sostén o Madrid), que si debe viaxar ou non ao país luso, etc.

A realidade é que o seleccionador portugués, Carlos Queiroz, convocou oficialmente a Cristiano para os partidos de repesca do Mundial, que se disputarán o 14 e 18 deste mes. A  normativa FIFA permite a Portugal examinar ao xogador para comprobar o seu estado físico. E o futbolista ten dereito a ser revisado no país no que está xogando co seu club.

Por tanto, eu penso que o Madrid non pode negarse directamente a que o xogador viaxe a Portugal. É decisión do futbolista. O que si pode facer é convencer ou presionar a CR9 para que sexa examinado en Madrid en vez de en terras lusas. Sobre todo para non entorpecer o seu protocolo de recuperación na capital española.

A última palabra en todo este caso a ten o xogador. Si verdadeiramente está lesionado e non está para xogar (por moi importante que sexan os partidos), debe facelo saber aos médicos portugueses. Outra cousa é que algúns xogadores desexen xogar incluso coxos. A pelota está no tellado de CR9.

E xa está.

———————————————————————————————–

P.D: Persoalmente teño a impresión de que o Madrid preparou unha estratexia para que Cristiano non xogue con Portugal os partidos de repesca. É só unha impresión, non teño a certeza. E si é así, penso que fai ben, porque ten que defender os seus lexítimos intereses.

Igual me equivoco, pero intúo que entre o 20-25 de novembro o xogador vai recibir a alta médica. E algún pode pensar: se Cristiano xa está recuperado, por que non xogou en Milan ou no Calderón? Penso que si non tivese que xogar con Portugal estes dous partidos, CR9 xogaría algúns minutos en San Siro e contra o Atlético (para ir collendo ritmo). Pero logo con Portugal faríano xogar os 90 minutos nos dous encontros, e iso igual sería contraproducente. Por iso o Madrid preferiu aprazar a súa alta médica para despois dos enfrontamentos de Portugal.

Entry filed under: Uncategorized.

Porra Copa Entrevista a Florentino

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: