Archive for noviembre 10, 2009

Entrevista a Florentino

A sección de Deportes dos informativos da cadea de Tv «Cuatro» realizaron hoxe unha entrevista ao presidente do Real Madrid, Florentino Pérez.

A entrevista, feita polos xornalistas Manuel Carreño e Manolo Lama, pareceume que careceu da debida profesionalidade e seriade. De feito, doume a sensación de que o presidente merengue rematou algo enfadado. Con razón, pois non lle deixaron acabar as súas respostas na maoiría das preguntas. Ademais, algunhas destas eran absurdas. Por iso Florentino  non respostou a varias, xa cara o final da entrevista.

Despois de perto de media hora de entrevista, eu só saquei dúas cuestións interesantes das palabras de Florentino:

1) «Se o Madrid non gaña ningún título esta temporada, non será un fracaso». O presidente do Madrid aclarou que para conxuntar un equipo fai falla tempo, tal e como afirmou Capello en declaracións recentes a un medio italiano. (Estou dacordo co dito tanto por Capello como por Florentino).

2) Caso Guti: Florentino afirmou que, coa información que el manexa, Guti non mandou a tomar polo cu a Pellegrini (este desmentido súmase ao do propio xogador e ao do adestrador). Ademais, dixo que as recentes palabras de Pellegrini sobre o canteirán («Guti volverá a ser convocado cando el quera, e o corpo técnico o considere oportuno») significan que o xogador voltará ao equipo cando faga méritos para elo.

———————————————————————————————-

P.D: En canto ao «caso Guti», teño dúbidas de se o xogador dixo as palabras publicadas por varios medios. Este caso, como outros, é unha cuestión de credibilidade. Está claro que o xornalista ou medio que deu a coñecer esa información non contaba cun micrófono no vestiario blanco, e polo tanto recibiu a información (veraz ou falsa) dalgunha persoa de dentro do mesmo (xogador, corpo técnico, corpo médico, etc).

Se non me equivoco, a información partiu do diario Marca, e logo outros medios fixéronse eco da noticia. Tendo en conta a credibilidade que me merece dito medio, eu en principio aplico o beneficio da dúbida neste caso. Todavía lembro o día da presentación de Cristiano, cando o Marca (na súa sección dixital) adiantaba en exclusiva o número que levaría o portugués. O ridículo foi tremendo.

E xa está.

noviembre 10, 2009 at 4:44 pm 2 comentarios


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Posts by Month

Posts by Category