Xornalismo deportivo, rendabilidade económica e tremendismo

noviembre 12, 2009 at 5:20 pm Deja un comentario

O Real Madrid para algúns é unha excusa para gañar cartos. Refírome á prensa deportiva en xeral (pode haber algunha excepción). E a min nin me parece ben nin mal este extremo, pois ao fin e ao cabo un medio de comunicación privado é un negocio como outro calquera.

Titulares dramáticos, vaticinios tremendistas, cambios de adestrador, rumores sen base, fichaxes de futuro, “la galaxia” (cando o Madrid gaña), “humillación y vergüenza” (cando perde), etc. Casi todo vale con tal de vender máis xornais ou ter máis oíntes e televidentes. E o Real Madrid, cos millóns de afeccionados que ten, é o ingredinte perfecto para acadar o obxectivo.

Cada un como lector, oínte ou televidente ten a liberdade de facer máis ou menos caso aos medios deportivos. Pola miña banda, o caso é cada vez menor, polo menos no tocante á información sobre o Madrid.

Tamén teño claro que os dirixentes do equipo merengue non poden deixarse levar polo ritmo que marque o aparato mediático. Do contrario, o club presidido por Florentino Pérez terá menos posibilidades de acadar os obxectivos. O presidente blanco ten que rexir unha institución en base a criterios que  non son precisamente mediáticos.

E xa está.

———————————————————————————————–

P.D: Algúns medios deportivos publican hoxe que o partido Barça-Madrid (29 novembro) será un novo ultimátum para Pellegrini por parte dos dirixentes merengues. Descoñezo se esta información é certa, pero o que si teño claro é que non se pode valorar o traballo dun adestrador en tan só dous meses e pico de temporada (sobre todo nun equipo con 7-8 xogadores novos).

Se cada partido do Madrid se convirte nun ultimátum a Pellegrini, será problema de quen así o plantexe. Pero Florentino non pode e non debe deixarse levar por esa dinámica tremendista.

Por último, aposto o que sexa a que se o Madrid gaña ao Barcelona a finais de mes,  as portadas dos xornais deportivos madrileños falarán de “súper equipo”, “galácticos” ou algo polo estilo, e dirán que o Barça está pouco menos que acabado (a día de hoxe, e se facemos casos a algúns titulares, parece que o Madrid xa fracasou e ten a temporada perdida).

A realidade será que o Madrid se poría posiblemente líder con dous puntos de vantaxe; e quedarían máis de 20 partidos de liga por diante, todo un mundo. Porque a temporada non fixo máis que comezar, malia que lle pese a máis de un.

Entry filed under: Uncategorized.

Entrevista a Florentino Retirada de Raúl?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: