Archive for noviembre 23, 2009
Ao despiste con Messi
Messi lesionouse o pasado sábado en San Mamés, e segundo o parte médico sufre unha rotura muscular de grado I nun abductor. A prensa deportiva catalana fala de que o arxentino podería xogar o partido contra o Inter de Champions, que se disputa mañá martes. E por suposto, si poidera entrar no equipo neste encontro, tamén estaría listo para o clásico do domingo.
Eu creo que a prensa deportiva culé está xogando ao despiste neste tema. E faino porque esta semana se disputa o Barça-Madrid. Do contrario, xa quedaría claro que un futbolista cunha rotura muscular, por moi pequena que sexa, ten que gardar reposo 7-10 días. Se non o fai, o risco de agrandar a lesión é bastante alto.
Teño a Guardiola por unha persoa intelixente, e penso que non vai a forzar a Messi. Moito menos no partido contra o Inter, depois de tan só tres días dende que se lesionase. Contra o Madrid, logo de 8 días, podería arriscar. Pero a probabilidade de que o xogador se resinta e se lesione para un mes pode ser alta. Polo tanto, eu aposto a que Messi non vai xogar nin contra o Inter nin contra o Madrid. A non ser que os servizos médicos do Barcelona mintan, e en realidade non teña unha rotura muscular.
E xa está.