Archive for noviembre 25, 2009
Outra vez o Pipita
Real Madrid 1 Zurich 0
-
Higuaín volveu a decidir cun gol na primeira metade
-
Cristiano volveu a xogar uns minutos logo da lesión
-
Os suizos non crearon ningunha ocasión de gol
O Real Madrid practicamente asegurou o seu pase aos oitavos de final da Champions logo de vencer por 1-0 ao Zurich no Santiago Bernabeu. Un solitario gol do Pipita Higuaín aos 20 minutos decidiu un partido no que os blancos imprimiron un ritmo alto na primeira media hora, para despois deixarse levar ante o inofensivo equipo suizo. O dianteriro arxentino volveu a dar unha vitoria importante, igual que sucedeu o sábado ante o Rácing.
O Madrid pasa a liderar o seu grupo aproveitando o empate do Milan co Olimpique de Marsella en San Siro. Deste xeito, os merengues afrontan a derradeira xornada da liguiña sabendo que aínda perdendo por dous goles de diferencia ante os franceses estaría clasificados. Se gañan ese encontro serían seguro primeiros de grupo, e se empatan e o Milan non gaña tamén.
En canto ao partido de hoxe, pareceuse bastante ao do pasado sábado ante o Santander. Primeira media hora cun ritmo alto, tocando con rapidez e creando ocasións. Só entrou a do Pipita, pero houbo un tiro ao pau de Marcelo e dúas boas paradas do porteiro suizo a tiros de Kaká e Xabi Alonso.
Xa na segunda parte o Madrid baixou o pistón vendo que o Zurich era incapaz de crearlle perigo. Aínda así, poideron caer máis goles, posto que primeiro Van der Vaart e logo Cristiano desaproveitaron dous man a man co gardameta rival.
E xa está.
Porra Barça-Real Madrid
Porra para o clásico Barça-Madrid do vindeiro 29 de novembro
Un hombre 2-3
Arturo 1-3
Rubia 1-1
Trotis 1-2
Abegondo 0-2