Outra vez o Pipita

noviembre 25, 2009 at 11:05 pm 5 comentarios

Real Madrid 1    Zurich 0

  • Higuaín volveu a decidir cun gol na primeira metade
  • Cristiano volveu a xogar uns minutos logo da lesión
  • Os suizos non crearon ningunha ocasión de gol

O Real Madrid practicamente asegurou o seu pase aos oitavos de final da Champions logo de vencer por 1-0 ao Zurich no Santiago Bernabeu. Un solitario gol do Pipita Higuaín aos 20 minutos decidiu un partido no que os blancos imprimiron un ritmo alto na primeira media hora, para despois deixarse levar ante o inofensivo equipo suizo. O dianteriro arxentino volveu a dar unha vitoria importante, igual que sucedeu o sábado ante o Rácing.

O Madrid pasa a liderar o seu grupo aproveitando o empate do Milan co Olimpique de Marsella en San Siro. Deste xeito, os merengues afrontan a derradeira xornada da liguiña sabendo que aínda perdendo por dous goles de diferencia ante os franceses estaría clasificados. Se gañan ese encontro serían seguro primeiros de grupo, e se empatan e o Milan non gaña tamén.

En canto ao partido de hoxe, pareceuse bastante ao do pasado sábado ante o Santander. Primeira media hora cun ritmo alto, tocando con rapidez e creando ocasións. Só entrou a do Pipita, pero houbo un tiro ao pau de Marcelo e dúas boas paradas do porteiro suizo a tiros de Kaká e Xabi Alonso.

Xa na segunda parte o Madrid baixou o pistón vendo que o Zurich era incapaz de crearlle perigo. Aínda así, poideron caer máis goles, posto que primeiro Van der Vaart e logo Cristiano desaproveitaron dous man a man co gardameta rival.

E xa está.

 

Entry filed under: Uncategorized.

Porra Barça-Real Madrid Higuaín debe ser titular ante o Barça

5 comentarios Add your own

  • 1. Yagger  |  noviembre 26, 2009 a las 9:27 am

    Higuaín ESA GRAN FICHAXE.

    O pipita Higuaín está a demostrar que con diferenza é o mellor dianteiro do Real Madrid,xogador cunha gran verticalidade sempre busca o gol,o desmarque nunca se desespera cunha gran perna dereita e unha aceptable zurda.A diferenza de Benzema ,un xogador máis estático cunha gran calidade pero só co balón nos pés, o Pipita é un xogador dinámico,loitador,constante aprendendo a pasos axigantados esa intelixencia innata do seu compañeiro Raúl ,xogador aínda moi útil no equipo pero ao que hai que empezar a dosificar por algo alleo a toda calidade futbolística…os anos.Máis do mesmo co seu outro comapañero Rud Van Nistelroy,sen dúbida o mellor 9 dos últimos anos do equipo pero ultimamente con escaso protagonismo por culpa das lesións.
    HIGUAÍN sen dúbida, ten que ser titular neste equipo.

    Responder
  • 2. colgatore  |  noviembre 26, 2009 a las 3:15 pm

    Totalmente dacordo con Yagadas. Higuaín ten que ser, a día de hoxe, titular indiscutible no Real Madrid. Pode ser que teña que descansar nalgúns partidos concretos, porque a temporada é moi longa, pero nos encontros máis importantes ten que ser da partida.

    Me temo que o Pipita vai ser suplente o domingo ante o Barça, e que no seu sitio xogue Benzema. É só unha intución, e ogallá me equivoque. Sería un erro grande de Pellegrini.

    Responder
  • 3. Louro  |  noviembre 26, 2009 a las 3:23 pm

    Menos palletas con Higuain e analisade un pouco o mediocre xogo ante un dos peores equipos que pasou nos últimos anos pola Champions (actualmente 8º nunha liga de 10 equipos en Suiza).
    Só con un pouquiño de orde defensiva xa foi capaz de pór en apuros ao Glorioso. A pesar de non facer nada os suizos, os madrileños case acabaron pedindo a hora, co balón no minuto 92 na área do Madrid. ¡Patético!

    Responder
  • 4. rubia  |  noviembre 26, 2009 a las 8:43 pm

    Ote, ese equipo que dices que es uno de los peores que tuvo la champion en los ultimos los años por lo menos la juega no como otros…(ya sabras por quien lo digo, jejeej) en un principio pense que lo decias por ese equipo que jugo hace unos años la champion e incluso llego a semi eso si con un poco de suerte

    Responder
  • 5. colgatore  |  noviembre 26, 2009 a las 10:42 pm

    Ote, o Zurich evidentemente non é un equipo de primeiro nivel europeo, pero lembro que gañou en San Siro. Con esto quero dicir que no fútbol actual non te podes nin descuidar nin fiarte de ninguén. Ou acaso o Rubin Kazan é unha potencia futbolística?; e gañou no Nou Camp. Polo menos o Madrid, sen facer un bo partido, sacou o resultado adiante.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: