Archive for noviembre 27, 2009
Higuaín debe ser titular ante o Barça
Os diarios deportivos madrileños sinalan que no once que Pellegrini alineará ante o Barça non se atopará Higuaín. Non sería a primeira vez que se equivocan adiantando un equipo titular, e espero que desta vez así sexa.
Xa teño dito en máis dunha ocasión que penso que o Pipita é a día de hoxe o mellor dianteiro que ten o Real Madrid. E para xogar ante os culés teñen que estar os mellores. Aínda que intúo que Higuaín vai ser suplente.
Con Kaká por detrás do dianteiro arxentino, e Cristiano e Granero nas bandas, o Madrid pode facer bastante dano na defensa blaugrana. Pero haberá que esperar para ver o que Pellegrini decide.
O resto da alineación parece bastante clara, á espera de saber se Albiol se recupera dunhas molestias. Lass e Xabi Alonso serán os mediocentros, con Ramos, Pepe, Albiol ou Garay e Arbeloa en defensa. E por suposto, Casillas na portería.
En canto ao Barça, parece que Messi e Ibrahimovic van a poder xogar posto que hoxe adestraron con normalidade. No caso do arxentino, os médicos do equipo catalán penso que mentiron co diagnóstico da súa lesión. Se tivera realmente unha rotura muscular, por moi pequena que sexa, non podería voltar aos terreos de xogo en polo menos 10 días.
E xa está.