Archive for diciembre, 2009

Falou un home

Fabio Capello vén de afirmar, respecto sobre quen se atopa en mellor situación, que»hasta hace poco decía que el Barcelona pero ahora ya no. El Madrid es muy fuerte«, sinalou o técnico italiano.

Tamén engadiu: «Yo se lo decía a aquellos que ponían en duda a Pellegrini. Cuidado que es bueno y sabe lo que hace. ¿Habéis visto cómo juegan? Tiempo al tiempo«.

Falou un home. Cando Capello avisa sobre o Madrid, ollo á boia.

E xa está.

Anuncio publicitario

diciembre 28, 2009 at 1:46 pm Deja un comentario

Balance tras 1/3 de temporada

Trancorrido un terzo da temporada 2009-10, pódese facer un primeiro balance do Real Madrid tanto en Liga como en Champions.

No campeonato doméstico, o equipo é segundo a dous puntos do líder. Polo tanto, está en plenas condicións de disputar a Liga ata o final. En canto ao xogo, nos primeiros partidos amosouse moi eficaz e con moita pegada, cuestión que lle permitiu gañar os 7 primeiros partidos. Os «entendidos» sinalaron no seu momento que o Madrid «non xogaba ben». Seguramente confudían «xogar ben» con «xogar bonito».

Logo desa primeira racha de partidos gañados, perdeuse en Sevilla sen Cristiano. Para min, ese foi o único partido no que o Madrid mereceu saír derrotado. O outro partido perdido, contra o Barça, foi un atraco a man armada e o Real fíxose acreedor polo menos dun empate.

A partir do partido do Campo Nuevo, o Madrid mellorou en canto a xogo fluido e vertical, creando numerosas oportunidades de gol e sendo eficaz. Para min «xogar ben» é precisamente isto: ser vertical, chegar á portería rival e ser eficaz.

Villarato

Dito todo o anterior, cabe sinalar que de non ser polos «regalos» arbitrais ao Barça, o Madrid sería líder destacado a estar alturas. Se descontamos os puntos que o club presidido por Laporta acadou inxustamente ante o Almería, Español e Real Madrid, e si temos en conta o «atraco» que recibiron os merengues no Molinón, o Barça sería segundo a polo menos 7 puntos do Madrid. Pero con estas cousas xa contábamos, porque para iso está o imputado.

Champions

No tocante á Copa de Europa, o Real Madrid acadou o obxectivo de ser primeiro de grupo. En oitavos de final cruzarase en febreiro-marzo co Olympique de Lyon.

Dos seis partidos disputados na fase de liguiña, os blancos gañaron 4, empataron un e perderon outro. Os puntos deixáronse escapar ante o Milan, primeiro no Bernabeu cunha derrota causada polos erros individuais de Casillas e a falta de manexo do encontro. O partido de San Siro foi diferente, pois o Madrid foi moi superior no primeiro tempo e dispuxo de ocasións de sobra para gañar o partido.

Conclusións

Como era de esperar (polo menos por min), o Real Madrid foi de menos a máis dende setembro ata decembro. Un equipo que ficha a 8 xogadores novos -dos cales casi todos son habitualmente titulares- e ten un adestrador novo, necesita dun tempo de acoplamento e adaptación.

Certo é que as expectativas son moi altas logo das grandes fichaxes feitas por Florentino, pero «Roma non se fixo nun día». Os meses decisivos da Liga e Champions son os que van de febreiro a maio. E o Real Madrid afronta estas dúas competicións coas posibilidades de gañalas intactas. E diso se trata, porque de setembro a xaneiro o único que se pode facer é «perder» os títulos. Que llo pregunten ao Liverpool ou a Juventus, por exemplo.

E xa está.

diciembre 23, 2009 at 4:33 pm 2 comentarios

A Banda incluso golea

Real Madrid 6  Zaragoza 0

A Banda incluso golea. Pese a non xogar a nada e ter un adestrador que non ía comer o turrón, gañou por 6-0 ao Zaragoza. Higuaín (2), Van der Vaart (2), Cristiano e Benzema anotaron os goles.

Non sei si por cousas da sorte ou por cuestións metafísicas, a Banda sitúase a dous puntos do Superequipo na liga. Seguro que é un espellism, xa que este último «enamora» e «xoga como os anxos», con posesións de ata o 70 %. Se gaña só por 2-1 e na prórroga é por darlle emoción ao partido.

A Banda, pola súa parte, non ten a cualidade de sumar posesións de balón tan longas nen un xogo de toque preciosista ao estilo do Superequipo. E aínda que marque máis goles que ninguén en Europa e sexa máis eficaz que ningunha outra escadra, iso non vale para case nada.

O importante é o que digan catro «entendidos». Os mesmos que ensalzaron ao Superequipo cando lle marcou 6 goles ao Zaragoza. Xustamente os mesmos que agora dirán que o equipo maño está descomposto e por iso a Banda goleounos. Como diría un bo amigo co que tiven a oportunidade de traballar: «Manda carallo na feiras das porcas!!!».

E xa está.

 

diciembre 19, 2009 at 11:49 pm 1 comentario

O pase a cuartos pasa por Lyon

O Real Madrid cruzarase en oitavos de final de Champions ante o Olympique de Lyon. Os franceses non son o equipo de hai dous ou tres anos, como amosa a súa clasificación na liga francesa esta temporada (están a 6 puntos do líder), ou a perda do título na pasada (levaba varios anos seguidos gañando a liga).

Pero que ninguén se equivoque. O Lyon pode crecerse ante o Madrid, que é favorito para pasar a cuartos, mais non se debe confiar. O estado de forma no que cheguen os merengues á eliminatoria pode ser decisivo. Sen olvidar posibles lesións fundamentais ou as actuacións arbitrais.

O resto de emparellamentos de oitavos son os seguintes:

Sevilla-CSKA/  Barça-Sttutgart/  Milan-Manchester/  Inter-Chelsea/  Olympiakos-Girodins/  Porto-Arsenal/  Bayern-Fiorentina

A priori, pode ser que pasen a cuartos o Sevilla, Barça, Manchester, Chelsea, Girondins, Arsenal, Bayern e Real Madrid. Pero pode haber sorpresas, e ollo coa Fiorentina e o Porto. E se pasa a cuartos, ollo á boia co Girondins de Burdeos.

Os grandes favoritos da competición son os ingleses xunto co Madrid e Barça. Pero o fútbol non son as matemáticas, e por iso ten o atractivo e paixón que ten.

E xa está.

diciembre 18, 2009 at 1:33 pm Deja un comentario

Sneijder «bocazas»

O ex-futbolista do Real Madrid, Wesley Sneijder, declarou a unha revista holandesa textualmente: «No volveré al Real Madrid, lo que me ocurrió allí es cosa de dos figuras de la mafia» (en alusión a Florentino e Valdano).

O  mediocampista holandés, agora no Inter de Milan, debería estar caladiño. Ou haberá que lembrarlle que se non sigue no Madrid é pola súa pouca profesionalidade.

A temporada que fixo Sneijder o ano pasado foi lamentable, seguramente debida ás súas continuas saídas nocturnas. Cuestión esta última que incluso el mesmo recoñeceu nunha rolda de prensa.

É xa está.

diciembre 17, 2009 at 9:05 pm Deja un comentario

Ribery a tiro

O director xeral do Bayern Munich, Uli Hoennes, vén de afirmar que venderán a Ribery o vindeiro verán se non logran renovarlle o contrato en primavera. Hai que lembrar que o crack francés vence o seu compromiso co club alemán en xuño de 2011.

Neste caso, igual que na maioría das ocasións, o futuro de Ribery vai depender de si mesmo. Se é certo que desexa xogar no Real Madrid, non renovará co Bayern e en xuño será novo xogador merengue.

Penso que Zidane xa ten convencido a Ribery para que se sume ao mellor club do mundo a vindeira temporada. Outra cousa será o prezo que o Madrid teña que pagar polo galo. Coñecendo aos dirixentes do Bayern Munich, a negociación non será fácil.

Pero os blancos contan coa vantaxe de que o futbolista francés remata contrato en 2011, e esa ten que ser unha carta fundamental para afrontar a negociación.

Ribery está no papo.

E xa está.

diciembre 15, 2009 at 8:34 pm Deja un comentario

Porra liga

Porra para os partidos:

1) Real Madrid – Zaragoza

2) Deportivo – Valencia

Un hombre         1) 1-5           2) 6-2

Yago                  1) 3-1           2) 0-4

Abegondo          1) 2-0          2) 0-1

Trotis                1) 3-0            2) 1-1

diciembre 15, 2009 at 1:18 pm 3 comentarios

Fichar un central ou un lateral?

A  baixa de Pepe para o resto da temporada fai que o Real Madrid teña que prantexarse unha fichaxe para o mercado invernal. Trataríase dun central ou dun lateral esquerdo?. Aí está o debate.

Na miña opinión, é preferible fichar a un lateral esquerdo, por varias razóns:

1) O equipo non dispón de futbolistas específicos nesa posición, salvo Marcelo, que xa demostrou que rinde máis xogando no medio campo.

2) Deste xeito, Sergio Ramos podería actuar de central e Arbeloa de lateral diestro. O sevillano, a día de hoxe, rinde máis no centro da defensa que no lateral. E Arbeloa estaría máis cómodo no seu sitio natural.

Na prensa deportiva xa se fala de varios xogadores que estarían na axenda, tanto centrais como laterais: Otamendi, Zapata, Lescott, Subotic, Jonathan, etc.

Unha boa opción podería ser Lescott, un inglés que xoga no Manchester City, e que pode actuar tanto de central como de lateral zurdo. Fabio Capello afirma que é un dos mellores defensas ingleses.

E xa está.

diciembre 14, 2009 at 2:07 pm 1 comentario

Ánimo Pepe!!!

 

Confirmáronse as peores previsións para Pepe. O central luso lesionouse onte no partido de Mestalla e terá que estar 6 meses de baixa debido a unha rotura no ligamento cruzado da rodilla. Unha pena.

Pepe é un dos mellores centrais do mundo e o Real Madrid vai notar a súa ausencia na defensa. Agora supoño que o club fichará a outro central no mercado invernal, pero vai ser imposible atopar a un xogador do seu nivel. Tamén existe a posibilidade de fichar un lateral esquerdo, para que Ramos xogue de central e Arbeloa de lateral diestro.

Agardo que Pepe teña unha boa recuperación e axiña estea outra vez axudando ao equipo.

Ánimo Pepe!!!.

E xa está.

diciembre 13, 2009 at 10:45 pm Deja un comentario

A Banda gaña mentres outros rouban

Valencia 2  Real Madrid 3

A Banda, o equipo que non xoga a nada, gañou en Valencia 2-3 con dous goles de Higuaín e outro de Garay. Sen Cristiano nin Kaká, a Banda sumou tres puntos nun dos campos máis difíciles da liga española. Sería a sorte ou o árbitro, como sempre.

Mentres tanto, o Superequipo non necesitou de axuda arbitral ningunha para derrotar por 1-0 ao Español. Gol de penalti «superxusto» e a seguir recibindo eloxios.

Laporta xa ten encargada outra insignia de ouro e brilantes para o imputado. Si señor, Villar se la merece!!!. A Liga xa podería rematar, para que xogar máis. Que lle dean o título ao Superequipo e acabemos con tanta milonga.

E xa está.

——————————————————————————————————————————————————————————————————————————–

P.D: Respecto á porra, Arturo acertou o resultado do Madrid. Polo tanto, que vaia preparando o corpo en Navidades, porque creo que xa leva dous cacharros gañados.

 

diciembre 12, 2009 at 11:24 pm 2 comentarios

Entradas anteriores


Calendario

diciembre 2009
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Posts by Month

Posts by Category