Archive for diciembre 4, 2009

Terapia Benzema?

Algún medio deportivo vén de publicar que o Real Madrid vai a aplicar unha terapia a Karim Benzema para acelerar a súa adaptación ao equipo. Para apoiar esta información,  fálase dos escasos goles anotados ata agora polo dianteiro galo ou dunha suposta pouca integración cos compañeiros.

Para levar a cabo a «terapia», o club poría a disposición de Benzema un profesor de español e buscaríalle unha vivenda perto de onde vive Raúl.

Con independencia de que esta información sexa certa, penso que a mellor terapia para Benzema se resume nunha soa palabra: tempo. Hai que ter en conta que o francés ten 21 anos, ten que aclimatarse a un novo país, unha liga diferente, etc. E iso non se acada en tres meses.

Se non, que llo pregunten a Zidane, por exemplo. Sendo xa un futbolista consagrado, Zizou foi asubiado no Bernabeu no mes de novembro. Logo, ao final de temporada, non fai falla lembrar o que sucedeu.

Con Karim Benzema haberá que ter paciencia e saber esperar.

E xa está.

Anuncio publicitario

diciembre 4, 2009 at 3:41 pm Deja un comentario

Caso Gago

Algún medio deportivo sinala que Gago quere abandonar o Real Madrid, pero que o club non o quere vender. Segundo Pellegrini, non hai intención de deixar marchar ao mediocentro arxentino. Ademais, hai que ter en conta que Mahamadou Diarra terá que xogar a Copa África en xaneiro, polo que o equipo quedaría certo tempo sen un pivote defensivo que sexa reserva de Lass.

Polo que a min respecta, poden vender a Gago xa. E se hai unha boa oferta, con máis razón. O que veu como «novo Redondo» non ten nivel para xogar no Real Madrid, non sabe dar un pase máis aló de 5 metros, e só saber correr como un polo sen cabeza. En definitiva, non ten a calidade mínima para ser futbolista merengue. Hai que engadir que non desexa seguir; e xa se sabe, cando un futbolista non está a gusto nun equipo, o mellor é vendelo.

O arxentino tivo oportunidades de sobra. Leva case tres anos no Madrid, tempo máis que suficinte para demostrar se vale ou non para o equipo. Outros dous xogadores que chegaron ao mesmo tempo (Higuaín e Marcelo) si aproveitaron as súas opcións.

Penso que o Madrid debeu vendelo xa este verán, sobre todo se é verdade que había algunha oferta por 15 millóns de euros. Agora, se o traspasa en xaneiro, non creo que lle dean nen a metade desa cantidade. E hai que lembrar que Gago custoulle aos blancos uns 20 millóns.

Me temo que o Real Madrid non o vai a traspasar no mercado de inverno, e esperará ao vindeiro verán. Eu non o pensaba máis. Malo será que Pellegrini non atope na canteira un xogador que teña polo menos o mesmo nivel que Gago. E se non o hai, o adestrador dispón de alternativas para os partidos nos que Lass non xogue.

E xa está.

diciembre 4, 2009 at 2:05 pm Deja un comentario


Calendario

diciembre 2009
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Posts by Month

Posts by Category