Terapia Benzema?
diciembre 4, 2009 at 3:41 pm Deja un comentario
Algún medio deportivo vén de publicar que o Real Madrid vai a aplicar unha terapia a Karim Benzema para acelerar a súa adaptación ao equipo. Para apoiar esta información, fálase dos escasos goles anotados ata agora polo dianteiro galo ou dunha suposta pouca integración cos compañeiros.
Para levar a cabo a «terapia», o club poría a disposición de Benzema un profesor de español e buscaríalle unha vivenda perto de onde vive Raúl.
Con independencia de que esta información sexa certa, penso que a mellor terapia para Benzema se resume nunha soa palabra: tempo. Hai que ter en conta que o francés ten 21 anos, ten que aclimatarse a un novo país, unha liga diferente, etc. E iso non se acada en tres meses.
Se non, que llo pregunten a Zidane, por exemplo. Sendo xa un futbolista consagrado, Zizou foi asubiado no Bernabeu no mes de novembro. Logo, ao final de temporada, non fai falla lembrar o que sucedeu.
Con Karim Benzema haberá que ter paciencia e saber esperar.
E xa está.
Entry filed under: Uncategorized.
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed