Archive for diciembre 5, 2009
Pero é posible que a Banda gañase?
Real Madrid 4 Almería 2
Ao fútbol non hai quen o entenda. A Banda foi capaz de gañar ao Almería. Non pode ser. Un equipo que non xoga a nada non merece estar nin siquera de segundo clasificado na liga española.
Desta vez cecais foi por un penalti inxusto que o árbitro do partido se tragou. Cando o marcador sinalaba un 2-2, e a falta de 10 minutos para rematar o partido, o colexiado botou unha man aos de Pellegrini. Na primeira metade os locais pediron unha pena máxima sobre Cristiano Ronaldo, pero foi un piscinazo que merecía o cartón amarelo para o portugués.
A Banda hoxe meteu 4 goles, e fallou polo menos outros tantos. Pero non xoga a nada. Gañou, como casi sempre, pola sorte e o árbitro. De nada vale ser eficaces ante a portería rival, xa que hoxe en día o que ten valor é o jogo bonito no medio campo, o tiki-taka. Así se gañan os partidos e os títulos, os goles son o de menos.
E xa está.
España xa está en oitavos do Mundial
Onte foi o sorteo de grupos para o Mundial 2010 de Sudáfrica. A España tocoulle no grupo H, con Honduras, Chile e Suiza. Pero España xa está en oitavos de final da competición.
É a conclusión que saco logo de escoitar no día de onte varias emisoras de radio, ou de ler varios xornais deportivos e xerais. A dúbida que teño é si a selección dirixida por Don Pimpón terá que xogar os partidos da primeira fase (de grupos). Se facemos caso aos vaticinios dalgún que outro xornalista, ao mellor xa só ten que disputar a final e se evita os encontros previos.
O outro día escoitei nunha emisora de radio unha entrevista a José María García, actualmente retirado das ondas. «Butanito» dicía que actualmente, e salvo excepcións, no xornalismo deportivo español había falta de rigor e seriedade. Predomina o «jijiji e jajaja» e o «non deixes que a realidade estropee unha boa noticia». Discrepei moitas veces con García cando conducía o seu coñecido programa radiofónico nas madrugadas, pero neste caso ten máis razón que un santo.
E xa está.