A Banda, primeira de grupo en Champions

diciembre 8, 2009 at 10:09 pm 1 comentario

A Banda gañou en Marsella 1-3 e sorprendentemente clasificouse para os oitavos de Champions como primeira de grupo. O Milan, que non pasou do empate en Zurich, é o segundo e tamén pasa á seguinte fase.

A Banda, que non xoga a nada, derrotou hoxe aos franceses debido á sorte. Así chegaron os tres goles da vitoria, ante un rival que non é dos punteiros de Europa. A Banda non ten mérito ningún.

O gol de falta de Cristiano é unha cantada do porteiro francés, mentres que o outro tanto do portugués é un regalo defensivo. O mesmo que pasou no gol de Albiol. Pola contra, o Marsella fallou un penalti, cuestión que acentuou a sorte da Banda.

Para ver fútbol de verdade haberá que esperar ao Dinamo Kiev-Barcelona. A Banda, mentres tanto, a esperar rival para oitavos. Pero xa se sabe, salvo sorte ou axuda de Platini, non pasará desa eliminatoria. Sobre todo se o Rubin Kazan vai a ser o rival que saia do sorteo (si mañán se clasifica, claro). Mellor que a Banda non se presente.

E xa está.

Entry filed under: Uncategorized.

Porra Champions Porra liga

1 comentario Add your own

  • 1. Abegondo  |  diciembre 9, 2009 a las 9:57 pm

    O equipo realizou onte un partido moi completo, afrontou a agresividade do adversario cun xogo rápido,combinativo, de constantes apoios e precisos pases que desquiciou aos franceses, aproveitou con mestría os lances a balón parado onde Cristiano deixou a súa pegada dende case corenta metros, estivo sempre moi ordeado, coas liñas xuntiñas, disciplinado na defensa logrando que o Olimpique apenas tivese chegadas francas, o gol temperán obrigou aos contrarios xa de por si precisados de moitas urxencias a forzalas máis, logo obtiveron o nivel que lles outorgaría azos a base de pelexa, presión e forzar o regulamento ata que tras voltar a estar por detrás do marcador na segunda parte o penalti errado e o último gol do portuxés acabou por derrubalos, do conxunto sobresaíu a excepcional actuación de Lass que ademais de acoutar as embestidas marsellesas soubo sumarse aos ataques con acerto, crear perigo neles e achar o oco xusto onde asistir aos dianteiros.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

diciembre 2009
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: