Archive for diciembre 12, 2009

A Banda gaña mentres outros rouban

Valencia 2  Real Madrid 3

A Banda, o equipo que non xoga a nada, gañou en Valencia 2-3 con dous goles de Higuaín e outro de Garay. Sen Cristiano nin Kaká, a Banda sumou tres puntos nun dos campos máis difíciles da liga española. Sería a sorte ou o árbitro, como sempre.

Mentres tanto, o Superequipo non necesitou de axuda arbitral ningunha para derrotar por 1-0 ao Español. Gol de penalti «superxusto» e a seguir recibindo eloxios.

Laporta xa ten encargada outra insignia de ouro e brilantes para o imputado. Si señor, Villar se la merece!!!. A Liga xa podería rematar, para que xogar máis. Que lle dean o título ao Superequipo e acabemos con tanta milonga.

E xa está.

——————————————————————————————————————————————————————————————————————————–

P.D: Respecto á porra, Arturo acertou o resultado do Madrid. Polo tanto, que vaia preparando o corpo en Navidades, porque creo que xa leva dous cacharros gañados.

 

diciembre 12, 2009 at 11:24 pm 2 comentarios


Calendario

diciembre 2009
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Posts by Month

Posts by Category