Archive for diciembre 14, 2009
Fichar un central ou un lateral?
A baixa de Pepe para o resto da temporada fai que o Real Madrid teña que prantexarse unha fichaxe para o mercado invernal. Trataríase dun central ou dun lateral esquerdo?. Aí está o debate.
Na miña opinión, é preferible fichar a un lateral esquerdo, por varias razóns:
1) O equipo non dispón de futbolistas específicos nesa posición, salvo Marcelo, que xa demostrou que rinde máis xogando no medio campo.
2) Deste xeito, Sergio Ramos podería actuar de central e Arbeloa de lateral diestro. O sevillano, a día de hoxe, rinde máis no centro da defensa que no lateral. E Arbeloa estaría máis cómodo no seu sitio natural.
Na prensa deportiva xa se fala de varios xogadores que estarían na axenda, tanto centrais como laterais: Otamendi, Zapata, Lescott, Subotic, Jonathan, etc.
Unha boa opción podería ser Lescott, un inglés que xoga no Manchester City, e que pode actuar tanto de central como de lateral zurdo. Fabio Capello afirma que é un dos mellores defensas ingleses.
E xa está.