Archive for diciembre 15, 2009
Ribery a tiro
O director xeral do Bayern Munich, Uli Hoennes, vén de afirmar que venderán a Ribery o vindeiro verán se non logran renovarlle o contrato en primavera. Hai que lembrar que o crack francés vence o seu compromiso co club alemán en xuño de 2011.
Neste caso, igual que na maioría das ocasións, o futuro de Ribery vai depender de si mesmo. Se é certo que desexa xogar no Real Madrid, non renovará co Bayern e en xuño será novo xogador merengue.
Penso que Zidane xa ten convencido a Ribery para que se sume ao mellor club do mundo a vindeira temporada. Outra cousa será o prezo que o Madrid teña que pagar polo galo. Coñecendo aos dirixentes do Bayern Munich, a negociación non será fácil.
Pero os blancos contan coa vantaxe de que o futbolista francés remata contrato en 2011, e esa ten que ser unha carta fundamental para afrontar a negociación.
Ribery está no papo.
E xa está.
Porra liga
Porra para os partidos:
1) Real Madrid – Zaragoza
2) Deportivo – Valencia
Un hombre 1) 1-5 2) 6-2
Yago 1) 3-1 2) 0-4
Abegondo 1) 2-0 2) 0-1
Trotis 1) 3-0 2) 1-1