Archive for diciembre 18, 2009

O pase a cuartos pasa por Lyon

O Real Madrid cruzarase en oitavos de final de Champions ante o Olympique de Lyon. Os franceses non son o equipo de hai dous ou tres anos, como amosa a súa clasificación na liga francesa esta temporada (están a 6 puntos do líder), ou a perda do título na pasada (levaba varios anos seguidos gañando a liga).

Pero que ninguén se equivoque. O Lyon pode crecerse ante o Madrid, que é favorito para pasar a cuartos, mais non se debe confiar. O estado de forma no que cheguen os merengues á eliminatoria pode ser decisivo. Sen olvidar posibles lesións fundamentais ou as actuacións arbitrais.

O resto de emparellamentos de oitavos son os seguintes:

Sevilla-CSKA/  Barça-Sttutgart/  Milan-Manchester/  Inter-Chelsea/  Olympiakos-Girodins/  Porto-Arsenal/  Bayern-Fiorentina

A priori, pode ser que pasen a cuartos o Sevilla, Barça, Manchester, Chelsea, Girondins, Arsenal, Bayern e Real Madrid. Pero pode haber sorpresas, e ollo coa Fiorentina e o Porto. E se pasa a cuartos, ollo á boia co Girondins de Burdeos.

Os grandes favoritos da competición son os ingleses xunto co Madrid e Barça. Pero o fútbol non son as matemáticas, e por iso ten o atractivo e paixón que ten.

E xa está.

diciembre 18, 2009 at 1:33 pm Deja un comentario


Calendario

diciembre 2009
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Posts by Month

Posts by Category