Archive for diciembre 19, 2009
A Banda incluso golea
Real Madrid 6 Zaragoza 0
A Banda incluso golea. Pese a non xogar a nada e ter un adestrador que non ía comer o turrón, gañou por 6-0 ao Zaragoza. Higuaín (2), Van der Vaart (2), Cristiano e Benzema anotaron os goles.
Non sei si por cousas da sorte ou por cuestións metafísicas, a Banda sitúase a dous puntos do Superequipo na liga. Seguro que é un espellism, xa que este último «enamora» e «xoga como os anxos», con posesións de ata o 70 %. Se gaña só por 2-1 e na prórroga é por darlle emoción ao partido.
A Banda, pola súa parte, non ten a cualidade de sumar posesións de balón tan longas nen un xogo de toque preciosista ao estilo do Superequipo. E aínda que marque máis goles que ninguén en Europa e sexa máis eficaz que ningunha outra escadra, iso non vale para case nada.
O importante é o que digan catro «entendidos». Os mesmos que ensalzaron ao Superequipo cando lle marcou 6 goles ao Zaragoza. Xustamente os mesmos que agora dirán que o equipo maño está descomposto e por iso a Banda goleounos. Como diría un bo amigo co que tiven a oportunidade de traballar: «Manda carallo na feiras das porcas!!!».
E xa está.