A Banda incluso golea

diciembre 19, 2009 at 11:49 pm 1 comentario

Real Madrid 6  Zaragoza 0

A Banda incluso golea. Pese a non xogar a nada e ter un adestrador que non ía comer o turrón, gañou por 6-0 ao Zaragoza. Higuaín (2), Van der Vaart (2), Cristiano e Benzema anotaron os goles.

Non sei si por cousas da sorte ou por cuestións metafísicas, a Banda sitúase a dous puntos do Superequipo na liga. Seguro que é un espellism, xa que este último “enamora” e “xoga como os anxos”, con posesións de ata o 70 %. Se gaña só por 2-1 e na prórroga é por darlle emoción ao partido.

A Banda, pola súa parte, non ten a cualidade de sumar posesións de balón tan longas nen un xogo de toque preciosista ao estilo do Superequipo. E aínda que marque máis goles que ninguén en Europa e sexa máis eficaz que ningunha outra escadra, iso non vale para case nada.

O importante é o que digan catro “entendidos”. Os mesmos que ensalzaron ao Superequipo cando lle marcou 6 goles ao Zaragoza. Xustamente os mesmos que agora dirán que o equipo maño está descomposto e por iso a Banda goleounos. Como diría un bo amigo co que tiven a oportunidade de traballar: “Manda carallo na feiras das porcas!!!”.

E xa está.

 

Entry filed under: Uncategorized.

O pase a cuartos pasa por Lyon Balance tras 1/3 de temporada

1 comentario Add your own

  • 1. Abegondo  |  diciembre 20, 2009 a las 10:20 pm

    O equipo amosou onte o seu poderío, deu un recital de potencial atacante, houbo rexistros ofesivos para pracer dos máis esixentes seareiros, ollamos cómo se rematan as xogadas cruzando o balón ao pau longo ata en tres ocasións (Higuaín, Van der Vaart, Benzema), cómo hai que anticiparse aos defensas (foi o que fixo o centrocampista holandés) ou cómo se coloca ao control un sombreiro sen despeitearse coroado cunha vaselina á escadra (fazaña do dianteiro arxentino), inclusive vimos xirar como roda de muíño na área a Cristiano ata atopar o furado da porta, mais esta exhibición goleadora non debe facernos esquecer que este avultado resultado non sería posible sin a presión que cegou toda saída rival, o xogo combinado preciso,as continuas dobraxes na banda,os desmarques a esgalla, o dinamismo no movimento do coiro nin a creatividade da dupla de contención dos Diarras.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

diciembre 2009
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Most Recent Posts


A %d blogueros les gusta esto: