Balance tras 1/3 de temporada
diciembre 23, 2009 at 4:33 pm 2 comentarios
Trancorrido un terzo da temporada 2009-10, pódese facer un primeiro balance do Real Madrid tanto en Liga como en Champions.
No campeonato doméstico, o equipo é segundo a dous puntos do líder. Polo tanto, está en plenas condicións de disputar a Liga ata o final. En canto ao xogo, nos primeiros partidos amosouse moi eficaz e con moita pegada, cuestión que lle permitiu gañar os 7 primeiros partidos. Os «entendidos» sinalaron no seu momento que o Madrid «non xogaba ben». Seguramente confudían «xogar ben» con «xogar bonito».
Logo desa primeira racha de partidos gañados, perdeuse en Sevilla sen Cristiano. Para min, ese foi o único partido no que o Madrid mereceu saír derrotado. O outro partido perdido, contra o Barça, foi un atraco a man armada e o Real fíxose acreedor polo menos dun empate.
A partir do partido do Campo Nuevo, o Madrid mellorou en canto a xogo fluido e vertical, creando numerosas oportunidades de gol e sendo eficaz. Para min «xogar ben» é precisamente isto: ser vertical, chegar á portería rival e ser eficaz.
Villarato
Dito todo o anterior, cabe sinalar que de non ser polos «regalos» arbitrais ao Barça, o Madrid sería líder destacado a estar alturas. Se descontamos os puntos que o club presidido por Laporta acadou inxustamente ante o Almería, Español e Real Madrid, e si temos en conta o «atraco» que recibiron os merengues no Molinón, o Barça sería segundo a polo menos 7 puntos do Madrid. Pero con estas cousas xa contábamos, porque para iso está o imputado.
Champions
No tocante á Copa de Europa, o Real Madrid acadou o obxectivo de ser primeiro de grupo. En oitavos de final cruzarase en febreiro-marzo co Olympique de Lyon.
Dos seis partidos disputados na fase de liguiña, os blancos gañaron 4, empataron un e perderon outro. Os puntos deixáronse escapar ante o Milan, primeiro no Bernabeu cunha derrota causada polos erros individuais de Casillas e a falta de manexo do encontro. O partido de San Siro foi diferente, pois o Madrid foi moi superior no primeiro tempo e dispuxo de ocasións de sobra para gañar o partido.
Conclusións
Como era de esperar (polo menos por min), o Real Madrid foi de menos a máis dende setembro ata decembro. Un equipo que ficha a 8 xogadores novos -dos cales casi todos son habitualmente titulares- e ten un adestrador novo, necesita dun tempo de acoplamento e adaptación.
Certo é que as expectativas son moi altas logo das grandes fichaxes feitas por Florentino, pero «Roma non se fixo nun día». Os meses decisivos da Liga e Champions son os que van de febreiro a maio. E o Real Madrid afronta estas dúas competicións coas posibilidades de gañalas intactas. E diso se trata, porque de setembro a xaneiro o único que se pode facer é «perder» os títulos. Que llo pregunten ao Liverpool ou a Juventus, por exemplo.
E xa está.
Entry filed under: Uncategorized.
2 comentarios Add your own
Deja una respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
Abegondo | diciembre 23, 2009 a las 11:13 pm
Bo Nadal e ledas Pascuas a todos os parroquianos de «Aguanta o corazón».
2.
colgatore | diciembre 25, 2009 a las 10:05 pm
Únome á felicitación de Abegondo. Bo Carnaval e feliz Semana Santa para todos.