Archive for enero, 2010

Un Guti colosal acaba cos teleñecos en Riazor

  

 

* Partidazo do canteirán, que deixa un taconazo para a historia

* Benzema marca dous goles e Granero abriu o marcador

 

Por fin. Pensei que iba a morrer sin ver gañar ao Real Madrid en Riazor logo do ano 1991. Onte non houbo meigallo e o club presidido por Florentino Pérez gañou merecidamente por 1-3 aos teleñecos. Un sublime Guti dirixiu aos merengues á vitoria, con taconazo para a historia incluido. Impresionante, nunca antes tiña visto un detalle de talento tan descomunal. Está claro que cando Guti está centrado, é un dos mellores futbolistas do mundo e fai cousas ao alcance só dos elexidos. Si tivera a cabeza de Raúl, dende hai anos xa tería sido un supercrack mundial.

Por tanto, e a pesares dos erros que comete, hai que recoñecerlle a Guti que é un xenio. É o típico xogador capaz do mellor e o peor, pero eu o querería sempre no meu equipo. Aínda que só sexa por ver mostras de talento como o taconazo de onte. E penso que sería unha pena que se retirase sin xogar un Mundial, mais me temo que así vai a ser.

Sobre o partido, dicir que aoas 20 minutos o marcador podería ter sido un 0-3 ou 0-4. Con iso xa está todo dito. Granero marcou aos 9 minutos, e logo Raúl tivo dúas claras oportunidades. Antes do descando, Benzema puxo o 0-2 logo do xa mencionado taconazo de Gutiérrez. Riki acurtou distancias de penalti a falta de 5 minutos para o final, pero o dianteiro francés volveu a golear no tempo de desconto. Tres puntiños para seguir sumando, e sobre todo: MEIGAS FÓRA!!!.

E xa está. 

Anuncio publicitario

enero 31, 2010 at 10:59 pm Deja un comentario

Menuda farsa!!!

Florentino debería retirar ao equipo da competición ligueira

Vista toda a farsa do Villarato coa sanción de dous partidos a CR9, e visto para que sirven os comités de Competición, Apelación e de Disciplina Deportiva, penso que Florentino debería retirar ao club da Liga. Dese modo, a ver canta xente ía a estar interesada nese torneo.

O Comité de Competición reuníuse 10 minutos para decidir a sanción do portugués. Dado que o castigo xa estaba ditado de antemán, poderían aforrarse a xuntanza. En tan escaso tempo non poideron nin xogar unha partida de brisca.

Apelación, para non ser menos, ratificou a cacicada. E o CSDD non concedeu a suspensión cautelar. Quere dicir que, cando entren no fondo da cuestión, como moito quitaranlle un partido a Cristiano.

Ou sexa, que aínda que o CSDD non entrou no fondo da cuestión, xa se sabe que ao crack madridista manteranlle a sanción ou quitaranlle un partido. Do contrario, xa sería o cachondeo maior do Reino: só faltaría que logo de non conceder a cautelar, despois lle quitaran os dous partidos.

A pregunta é: se Disciplina Deportiva aínda vai a analizar no futuro se acepta ou non o recurso do Real Madrid, por que Cristiano xa ten que cumprir os partidos de sanción antes da decisión final do citado organismo?. Se por un casual lle retiran a sanción, o xogador xa tería cumprido un castigo que logo sería levantado.

E outra cuestión: Cristiano golpea sen intención a Mtilinga, pero como lle rompe o nariz, ten que ser sancionado con dous partidos. Iraizoz, tamén sen querer, cae encima de Filipe Luis e o lesiona para varios meses. Se a Cristiano lle caeron dous partidos, ao porteiro do Bilbao habería entón case que metelo no paredón.

Comedieta, farsa, despropósito, teatrillo del tres al cuarto, etc, etc, etc!!!.

 E xa está.

enero 29, 2010 at 7:11 pm Deja un comentario

Espectáculo en directo

Onte tiven a oportunidade de ver en directo o Real Madrid – Málaga no Santiago Bernabeu, que rematou cun resultado de 2-0.

Que espectáculo!!! Incluido o árbitro, antimadridista de toda a vida. Expulsou a Cristiano (autor dos dous goles) e anulou un gol legal a Sergio Ramos. A Villar habería que deixalo solto no medio do Bernabeu!!!.

Hai que destacar o partido de Guti, espléndido no control e manixa do encontro. Está visto que cando está centrado e quere, o canteirán é un fenómeno. Aparte de Cristiano e o susodito Gutiérrez, gustáronme moito tamén Arbeloa, Albiol e Granero.

Pola contra, poiden constatar a baixa forma de Kaká – pouco a pouco irá increscendo – e Xabi Alonso -fallou moitos máis pases do habitual -. Ademais,  Benzema non está aproveitando a súa oportunidade de loitarlle o posto a un Higuaín lesionado, que cando se recupere voltará sen dúbida a ser titular.

Pero do todo o vivido onte, quédome coa impresionante ovación a Van Nistelrooy, que se despediu para fichar polo Hamburgo.  Antes de comezar o partido, todo o Bernabeu en pé  homenaxeou ao  holandés como se merece. E ao remate, varios milleiros de seguidores quedáronse no estadio coreando o seu nome, ata que o dianteiro voltou a saír ao campo para agradecer o apoio. Aínda teño a pel de galiña!!!

E xa está.

enero 25, 2010 at 1:33 pm Deja un comentario

Van Gol é necesario

Un diario deportivo publica hoxe que Rudd Van Nistelrooy vai a deixar o Real Madrid no mercado invernal, e que o club non porá impedimento a que así sexa. De ser certa esta información, para min sería un erro claro por parte da dirección deportiva e do presidente.

Está claro que a relevancia do dianteiro holandés no equipo merengue é menor este ano, pero iso non significa que non poida aportar cousas nalgúns partidos de aquí a final de temporada. Se as lesións o respectan, estou convencido que o tulipán disfrutaría de minutos en varios partidos na segunda volta da Liga, e incluso nalgún partido concreto de Champions.

Que Van Gol non sexa a día de hoxe un futbolista determinante no Madrid non significa que non poida formar parte dun plantel onde como homes-punta están Benzema e Higuaín. Se calquera destes dous se lesiona, Rudd podería perfectamente formar parte da convocatoria como suplente do dianteiro centro titular, e incluso disfrutar de minutos se o equipo o necesita.

Se Van Nistelrooy se vai do Real Madrid, estou convencido que nalgunha convocatoria o imos a botar de menos. O tempo darame ou quitarame a razón.

E xa está.

enero 21, 2010 at 1:25 pm Deja un comentario

Porra liga

Porra para os partidos de liga:

1) Real Madrid – Málaga

2) Valladolid – Barça

Un hombre        1) 5-1            2) 1-1

Abegondo        1) 2-0           2) 0-0

Yago                 1) 3-2            2)  1-4

enero 20, 2010 at 1:15 pm 2 comentarios

Bolo erróneo

O Real Madrid xoga hoxe un bolo en Albania que unicamente serviralle para recadar 2,5 millóns de euros. Se nos atemos só ao aspecto económico, a viaxe ao país centroeuropeo é comprensible.

Pero as cuestións deportivas penso que deben estar por riba das monetarias. Por iso considero un erro disputar este partido, tendo en conta que as principais estrelas blancas deben xogar por contrato.

Non acabo de entender que o club merengue considere positivo que a plantilla afronte un bolo no medio da preparación semanal dun partido de liga. Hai que ter en conta que viaxan a Albania os mesmos que estiveron en Bilbao, que terán que aguantar unha viaxe de seis horas (tres de ida e outras tantas de volta) e un frío intenso.

A todo isto hai que engadir o risco de lesión, pois os futbolistas locais vanse a empregar a fondo ante o partido da súa vida. Un futbolista pode lesionarse en calquera partido oficial, mais se lle engadimos tamén amistosos o risco aumenta -por moito que os xogadores o tomen como un adestramento-.

Espero que o bolo non pase factura de ningún tipo ao Real Madrid, que o domingo 24 afronta un importante partido ligueiro ante o Málaga, rival en principio asequible. Pero nunca te podes fiar.

E xa está.

———————————————————————————————-

P.D.: Do encontro ante o Málaga xa terei tempo de falar, pois vou vivilo de xeito impresionante.

enero 20, 2010 at 1:09 pm Deja un comentario

O poste e o porteiro frenan á Banda en Bilbao

A Banda perdeu o sábado por 1-0 na Catedral tras un partido marcado pola actuación do porteiro local, Gorka Iraizoz. Os merengues tiveron ata 6 ou 7 ocasións claras de gol, pero cando non foi o gardameta se atoparon co pau. Hai partidos «tontos» nos que a pelota non quere entrar.

Pola contra, o Atletic de Bilbao marcou no minuto 2 logo dun córner, precedido por dous disparos seguidos aos postes. En ataque non volveu apenas a incomodar a Casillas. O fútbol é así, pois a veces se gaña un partido cun único disparo a porta, mentres o equipo rival goza de numerosas oportunidades.

Algúns «entendidos» na materia xa da a liga por finiquitada, facendo comparacións entre Messi e Cristiano ou Kaká. Mentres o primeiro siga vivo e xogue ao fútbol, a Banda non terá nada que facer tanto en Liga como en Champions. Os segundos están máis acabados que as maracas de Antonio Machín, son pouco menos que uns chaíñas.

O mismo que na liga gañanda pola Banda con Capello de adestrador. Algúns que sigan falando, que igual despois teñen que andar máis escapados que o Lute da Garda Civil.

E xa está.

enero 18, 2010 at 3:57 pm Deja un comentario

Canales fracasará no Madrid

Varios medios deportivos informan que o Real Madrid ten atado a Sergio Canales, xoven perla do Rácing, para o ano 2011. De confirmarse a fichaxe, creo que este futbolista que está a piques cumprir 19 anos vai a fracasar no club merengue.

Voume a explicar, pero antes de nada aclaro que me parece que Canales ten cualidades moi importantes como xogador de fútbol, e máis á súa idade. Pero iso non significa que vaia a triunfar nun equipo tan esixente como o Real Madrid.

Canales soe xogar de mediapunta ou segundo dianteiro, aínda que se pode adaptar a outras posicións ofensivas. Na fronte de ataque, o Madrid dispón de Kaká, Cristiano, Higuaín, Benzema, e a partir da temporada que vén, Ribery. Todos eles xogadores xóvenes e de futuro, que no ano 2011 van a seguir no club -salvo algunha cousa rara-.

O panorama co que se atoparía Canales en dito ano é o seguinte: polo menos 5 cracks ofensivos loitando por 3-4 postos de titular. Sinceramente, para que Canales se gañase un sitio no equipo tería que ser un auténtico fenómeno de categoría mundial. Do contrario, acabará sendo carne de banqueta con 20 anos e buscándose a vida noutro lugar.

Ogallá me equivoque e Canales consiga arrasar, pero non vexo a este xoven futbolista triunfando no Real Madrid en 2011. O cal non significa que o poida facer noutro equipo dos chamados grandes, sexa en España ou noutra liga importante de Europa.

E xa está.

enero 14, 2010 at 1:39 pm Deja un comentario

Porra liga

Porra para os partidos de liga:

1) Atletic Bilbao – Real Madrid

2) Barça – Sevilla

Un hombre       1) 1-3             2) 2-2

Yago                   1) 1-4            2) 2-0

trotis                 1) 2-3            2) 1-1

enero 13, 2010 at 2:18 pm 2 comentarios

A hora de Benzema

  • O Pipita Higuaín estará de baixa 3 semanas por unha lesión

 

Benzema terá a súa oportunidade nas vindeiras tres semanas, que será o tempo que estará inactivo Higuaín logo de sufrir unha rotura fibrilar no partido ante o Mallorca.

O dianteiro francés está sendo suplente nos  últimos partidos do Real Madrid. Agora chega a súa hora ante a ausencia do Pipita. Deberá demostrar se merece un posto no equipo titular para cando Higuaín se recupere.

Se Benzema non aproveita esta oportunidade, terá que seguir agardando. Non será fácil quitarlle o posto ao Pipita, pero agora é o momento no que o gabacho ten que presentar as súas credenciais ante o adestrador e os seguidores merengues.

En canto á lesión de Higuaín, cabe sinalar a mala sorte que está tendo o Madrid no capítulo de baixas, sobre todo con xogadores titulares. Primeiro foi Cristiano (2 meses); cando o portugués se recuperou, caeu Kaká (40 días); e agora que o brasileiro está de volta, lesiónase o Pipita.

Logo está o caso de Van der Vaart, que unha vez que se gañou un posto no equipo, sufre unha lesión que o terá apartado 2-3 semanas. Capítulo aparte é o de Pepe,que xa é baixa para toda a temporada por rotura de ligamento cruzado nun xeonllo.

A pregunta é: que sería do Superequipo se tivese a Messi dous meses  lesionado, a Iniesta ou Xavi outro mes e pico, a Ibrahimovic 3 semanas, e a Piqué ou Puyol de baixa para toda a temporada?.

E xa está.

enero 12, 2010 at 3:58 pm Deja un comentario

Entradas anteriores


Calendario

enero 2010
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Posts by Month

Posts by Category