Archive for enero 8, 2010

Man negra contra o Superequipo

A prensa deportiva do Superequipo está preocupada. E con razón, posto que existe unha «man negra» arbitral contra os culés. Para proba, os últimos partidos disputados polos cataláns: en liga contra o Villareal, e en Copa ante o Sevilla.

No encontro ante o Submarino Amarelo, Bernardino González Vázquez (alias «el culé») deixou de pitar dous penaltis a favor dos de Castellón, ademais de perdoar a expulsión de Ibrahimovic e Puyol. Como premio, o colexiado galego vai dirixir a semana que vén o Atletic Bilbao-Real Madrid.

O Villarato é un invento dos madridistas, claro está. Que llo pregunten ao Almería, ao Español, á Banda, ao susodito Villareal, etc. Todos eles foron favorecidos claramente nos seus partidos ante o Superequipo.

Polo tanto, xa se sabe. Villar fíxose madridista da noite para a mañá, Sánchez Arminio xa deu ordes aos seus súbditos para que prexudiquen ao Superequipo. Juan Lapuerta debe estar dos nervos, pero non ten nada que facer.

Como diría un bo amigo: «Manda carallo na feira das porcas!!!».

E xa está.

enero 8, 2010 at 7:23 pm Deja un comentario


Calendario

enero 2010
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Posts by Month

Posts by Category